A Deputación mellora a estrada de Toques a Melide

0

Bisbarra, 22 de xullo do 2019 –  A Deputación da Coruña ultima os derradeiros detalles das obras de mellora do trazado da estrada provincial provincial DP 4604 que conecta os concellos de Toques e Melide, entre os puntos quilómetricos 4+060 e 4+650.

As obras supuxeron un investimento de 299.390 euros co obxecto de eliminar definitivamente un punto de negro de tráfico entre Toques e Melide no que se rexistraba unha elevada sinistralidade.

Estrada Toques MelideExcutouse a corrección do trazado no tramo de 600 metros que discorre entre os puntos quilométricos 4+060 e 4+650, eliminando as coñecidas como curvas de Toxo, entre os núcleos de A Cabana (Toques), e o de Pereira (Melide) e facendo un novo trazado máis recto e seguro.

O vial, que contaba cun ancho de 7 metros, pasa a ter unha plataforma de circulación de 9 metros, con dous carrís de 3,5 metros de ancho e arcéns de 1,5 metros en ambas marxes da estrada, que permiten mellorar notablemente a seguridade de vehículos e peóns.

Nestes días, a Deputación completa os últimos traballos, consistentes na instalación de barreiras de seguridade e remate das cunetas. Prevese que a obra estará completada ao 100% na última semana de xullo. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial