A Deputación construirá 5 kilómetros de sendas peonís en Negreira

0

Negreira, 9 de xaneiro do 2019 – A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 678.931 euros as obras de construción de 5 quilómetros de sendas peonís na estrada DP5603, de Negreira a Marco do Condado, pola que discorre a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Para a construción de estas sendas peonís a Deputación xa destinara 119.116 euros que á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos. As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

sendas peonís en NegreiraAs novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

Plan de sendas peonís

As obras están incluídas no Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.

Ademais das sendas en Negreira, a Deputación proxecto ou xa construíu outros itinerarios peonís en estradas provinciais polas que pasa a prolongación de Fisterra e Muxía, nos concellos de Dumbría, Muxía e Santa Comba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial