A Deputación recibe 20 ofertas para instalar os 600 redutores de velocidade do plan de mobilidade

0

Pontevedra, 26 xaneiro do 2017 –  ao abeiro do Plan de Mobilidade e Velocidade Seguras (MÓVESE), que pretende aumentar a seguranza viaria das estradas provinciais mediante o calmado do tráfico.

O nacionalista lembrou que o montante total da actuación, que se dividiu en catro lotes para axilizar a execución dos traballos, ascende a un total de 3.866.380 euros.

Na mesa de contratación celebrada na institución provincial coñecéronse as propostas técnicas das diferentes firmas. Dez empresas presentaron ofertas para todos e cada un dos catro grupos de obras. Para o primeiro, de Pontevedra e Morrazo (1,1 millóns de euros), presentáronse 16 aspirantes; para o lote de actuacións na comarca de Vigo (1,2 millóns de euros) presentáronse 17 ofertas; para o terceiro lote -de Baixo Miño, Condado e Padaranta (569.858 euros)- presentáronse unicamente once; e para o último grupo, de Deza, Caldas e Salnés (933.692,53 euros), hai 17 propostas presentadas.

É preciso explicar que cada empresa só poderá ser adxudicataria dun dos lotes, cuestión que se recolleu no prego coa finalidade de axilizar os traballos (as catro firmas poderán executar as obras de xeito simultáneo nas diferentes áreas) e tamén de diversificar as contratacións (e facilitar a presentación de ofertas a empresas locais de menor tamaño).

Segundo explicou o deputado Benítez, co Plan MÓVESE instalaranse case 600 redutores de velocidade nas estradas provinciais de 46 concellos da provincia. En concreto, instalaranse 337 pasos de peóns sobreelevados (PPS) –coñecidos como lombos de asno- e 260 redutores de velocidade para vehículos (RFVV) proxectados de maneira independente e con características técnicas adaptadas ás vías nas que se constrúen (sección, largo de vía, existencia de beirarrúas, pluviais, iluminación…).

Benítez destacou que a violencia viaria é un problema evitable causa principalmente do exceso de velocidade por iso dende a Deputación se quere actuar sobre ela. “Podemos poñer radares, sinais, multas, pero a única actuación efectiva para baixar velocidades e reducir accidentes e feridos é instalar redutores físicos que fagan que os coches freen”, subliñou.

En canto ao traballo realizado co Plan MÓVESE, destacou que é un actuación na que se leva traballando dende hai máis dun ano coa participación e aportacións dos concellos. De feito, foron os gobernos locais os que remitiron as súas solicitudes para instalar lombos –chegaron a ser máis dun milleiro- e logo foron valoradas polos técnicos provinciais. Practicamente actuarase en todas as vías provinciais nas que houbo solicitudes, se ben deixáronse fóra estradas nas que están previstas ou en redacción outro tipo de actuacións máis globais.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies