Deputación e Concello de Oroso invisten medio millón de euros no campo de fútbol da Penela

0

Oroso, 18 de novembro do 2017 – O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde, celebra o anuncio de que a Comisión de Cooperación e Asistencia a Municipios vén de aprobar o convenio de colaboración co Concello de Oroso para financiar as obras de acondicionamento e mellora do campo de fútbol de A Penela.

Un proxecto da Penela, que será sometido á ratificación do pleno provincial do presente mes de novembro,conta cun orzamento total de 502.533 euros, dos cales a Deputación achegará 330.000 euros (66%) mentres que o Concello asumirá o 24% restante con fondos propios.

Luís Rey salienta que con este investimento “poremos en valor unha instalación deportiva que actualmente está practicamente sen utilizar, ao tempo que lle atopamos unha saída á masificación do campo Lino Balado, xa que precisábamos doutra instalación onde dar resposta ás necesidades tanto das nosas escolas deportivas como doutros equipos do concello”. De feito, o da Penela será o segundo campo de fútbol de herba artificial de Oroso, que conta co Lino Balado, onde adestran e xogan ao fútbol máis de 500 rapaces de todas as idades pertencentes a Xuventude de Oroso, unha das escolas de fútbol base máis importantes da provincia e que este mesmo ano foi distinguida pola Federación Galega de Fútbol co Premio ao Fútbol Base da demarcación de Compostela.

Herba artificial, iluminación e vestiarios

As obras no campo da Penela, na parroquia de Oroso, incluirán a instalación de herba artificial de última xeración en toda a superficie de xogo, o que mellorará as condicións do campo para a práctica deportiva e reducirá considerablemente os custos de mantemento. Previamente, acondicionarase o terreo e executarase unha base de aglomerado, co obxectivo de dotar ao terreo das pendentes adecuadas e asegurar a durabilidade do novo céspede. Así mesmo, instalarase unha nova rede de drenaxe e un sistema de rego automático.

As reformas no campo incluirán tamén a colocación de 20 proxectores LED, que permitirán dotar de iluminación á instalación, e novo equipamento deportivo, como porterías, banderíns e banquillos. O campo de fútbol de A Penela conta cun edificio duns 240 m2 no que se sitúan os vestiarios, o almacén, os aseos e a cafetería. Na actualidade, estas instalacións non cumpren os criterios de accesibilidade e presentan problemas de conservación debido as filtracións de auga e humidade, “polo que as instalacións non están a ser utilizadas por ningún equipo”, puntualiza Luís Rey.

O proxecto contempla a demolición total da cuberta da edificación, para substituíla por unha nova de lousa arma en formigón e aceiro. Asemade, impermeabilizaranse todos os muros exteriores e instalarase un novo sistema de drenaxe. Para garantir o correcto illamento térmico, tamén se renovarán todas as carpinterías, incluíndo novas portas e ventás de PVC.

No interior do edificio, procederase a unha redistribución do espazo para ofrecer un maior aproveitamento das instalacións, e garantir a accesibilidade universal, favorecen o seu uso por parte das persoas con mobilidade reducida. Neste sentido, tamén se construirá unha rampla de acceso con tramos de 3 metros de lonxitude e unha pendente do 10%, que salvará o desnivel que existe actualmente.

Tras estas actuacións, a edificación presentará dous vestiarios para o equipo local e o visitante, ambos accesibles e dotados dunha cabina de ducha adaptada, un vestiario para árbitros, unha zona de cafetería con aseos e dous almacéns, nos que se emprazará unha caldeira de biomasa para a auga quente

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies