A Deputación e o concello de O Pino renovan 8 marquesiñas

0

O Pino, 20 de novembro do 2017 – A Corporación de O Pino vén de aprobar, nun pleno extraordinario e coa unanimidade de todos os grupos (PP, PSOE e BNG), a instalación e renovación de oito novas marquesiñas.

Esta inversión ascende a 18.000€ (I.V.E. incluído), dos cales a Deputación da Coruña achega a maior parte,  14.126,91€.

As novas marquesiñas de O Pino instalaránse nas parroquias de Castrofeito, Lardeiros e Ferreiros.

Arranxo de estrada

Non é a única achega da Deputación xa que o organismo provincial aporta tamén 174.239,09€. Estes cartos servirán  para o reforzo do firme e renovación da capa de rodadura da estrada que vai dende o Colexio da parroquia de Arca, ata a N-634. Esta obra está incluída no “Plan Complementario” da Deputación provincial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies