O Plan Único da Deputación financia a mellora de camiños e estradas en Ordes

0

Ordes, 26 de febreiro do 2020 – A Deputación da Coruña investirá 230.704 euros na mellora de diversos camiños e estradas municipais no termo municipal de Ordes.

As obras, que veñen de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado, serán financiadas integramente con cargo aos fondos do Plan Único (POS+2019) da Deputación. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas até o vindeiro 17de marzo.

O Plan Único da Deputación financia a mellora de camiños e estradas en OrdesOs traballos permitirán renovar o firme da estrada de Fosado a Parada, en Montados, cunha lonxitude total de 1,4 quilómetros, reparando os desperfectos actuais, dotándoa dunha capa de mestura bituminosa en quente e ampliando o ancho en medio metro a cada lado do vial nun tramo de 1 quilómetro.

Tamén se executarán melloras no camiño do Barroso a Fosado (Montaos), camiño do Castro e acceso á Pedreira desde o cruce da Igrexa (Vilamaior), acceso ao Valiño (Parada) e camiño do Casal (Ordes), que suman unha lonxitude total cercana aos tres quilómetros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial