A Deputación destina dez millóns de euros a autónomos e microempresas

0

Bisbarra, 27 de xullo do 2020 – A deputación da Coruña presentou o Plan PEL Reactiva que destina dez millóns de euros en axudas a autónomos e microempresas.

O Plan da Deputación centrarase en concellos de menos de 50.000 habitantes e suporá axudas de entre 1.500 e 3.000 euros. O presidente do organismo provincial, Valentín González, explicou que este plan “suporá duplicar o investimento que a Deputación realizará en materia de emprego este ano”.

Unha situación complexa

A Deputación destina dez millóns de euros a autónomos e microempresas

Pleno na Deputación

O presidente da Deputación sostivo que pór en marcha plan “non foi nada fácil” pola falta “dunha coordinación coa Xunta de Galicia, que non fomos capaces de conseguir” e, especialmente, “polas limitacións e restricións que a Lei Montoro impón ás administracións locais para poder usar os seus aforros procedentes de remanentes e superávit.

Neste sentido, o presidente denunciou “o sándwich de inxustiza” que supón non poder usar os aforros das administracións locais saneadas economicamente para unha cuestión tan importante coma a reactivación económica e, ao mesmo tempo, ter que pagar aos bancos por manter eses fondos públicos nas súas contas correntes, “o á Deputación lle custa arredor de 400.000 euros ao ano”, afirmou.

Colaboración fundamental dos concellos

O deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, explicou os detalles do programa PEL-Reactiva, que estará destinado a todos os concellos da provincia menores de 50.000 habitantes e cuxa colaboración será “fundamental” no desenvolvemento do mesmo, pois os municipios que desexen adherirse ao programa cofinanciarán o 20% do mesmo con fondos propios. Sumando as achegas municipais, o investimento total pode incrementarse ata os 12 millóns de euros.

“Este era un programa moi demandado polos concellos que tiñan dificultades para elaborar as bases, pór en marcha e fiscalizar axudas deste tipo”, afirmou Rioboo, que explicou que as axudas estarán destinadas aqueles autónomos ou microempresas de ata 9 empregados que viran reducidos polo menos nun 75% os seus ingresos durante a crise da Covid. As axudas oscilarán entre os 1.500 euros para os autónomos sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros para as empresas de ata 9 empregados,

Os fondos poden ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de mamparas, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes. Unha vez aprobadas as bases e publicadas no BOP, os concellos terán de prazo ata o 9 de outubro para adherirse a este programa.

Pola súa banda , o deputado responsable da área de Contratación, Xosé Lois Penas, explicou o longo proceso para a elaboración do plan, adaptando uns orzamentos que xa estaban en execución a unha realidade na que debía priorizarse a reactivación económica e agradeceu “a colaboración de todas as áreas da Deputación que participaron na posta en marcha” do PEL-Reactiva.

“Era o momento de estar á altura das circunstancias e na Deputación facémolo con empatía e solidariedade”, afirmou o deputado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial