займ срочно

A Deputación da Coruña repartiu 5.000 libros na campaña “Libros para sermos libres”

0

Boqueixón, 24 de abril do 2017 –  A Deputación da Coruña completou este domingo en Boqueixón o reparto de 5.000 libros en 30 concellos para animar á lectura na conmemoración do Día do Libro.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, participou no reparto da campaña “Libros para Sermos libres” que se celebrou no campo da feira de Lestedo, no concello de Boqueixón, xunto co alcalde Manuel Fernández Munín.

Trinta concellos participaron durante a fin de semana na iniciativa “Libros para Sermos Libres” coa que a área de Cultura da Deputación da Coruña conmemorou o Día do Libro. Un total de 5.000 libros, procedentes dos fondos da Deputación, foron entregados  de forma gratuíta en actos que se desenvolveron maiormente en prazas dos distintos concellos, aproveitando a soleada fin de semana, e en bibliotecas municipais.

“O balance da iniciativa é moi positivo nos trinta concellos en que se desenvolveu en que se fixo un acto específico para reivindicar a importancia dos libros e animar á lectura. En especial en concellos pequenos, vimos como a iniciativa tivo unha moi boa acollida e serviu para visibilizar os libros e achegalos á veciñanza”, valorou Goretti Sanmartín no reparto que tivo lugar no campo da feira de Lestedo, no Concello de Boqueixón, en que estivo acompañada polo alcalde Manuel Fernández Munín.

Por parte da multitude de persoas que se achegaron aos repartos, destacou o interese de obras gañadoras de premios como o Torrente Ballester, o Rafael Dieste, o Murguía, o Castelao ou o González Garcés ou de clásicos como “Cousas” de Castelao, centro dun recente programa literario-teatral que se realizou en diversos concellos, que se atopaban entre os títulos entregados. Especial presenza tivo nos distintos actos o público infantil e xuvenil que tiña tamén obras específicas nas distintas mesas de entrega.

“Distribuíronse libros de grande calidade que se atopaban no fondo da Deputación e xa non formaban parte das novidades editoriais mais que son títulos que poden animar a ler que era o obxectivo da iniciativa ademais de dotar de programación ou contribuír á que xa existía nos concellos”, apuntou Goretti Sanmartín.  Os libros identificáronse cun colante da campaña “Libros para sermos libres” e repartíronse en espazos públicos con cartelaría que identificaba a iniciativa.

Os concellos que participaron nesta primeira fase de “Libros para sermos libres” son A Pobra, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boqueixón, Camariñas, Cambre, Cariño, Cerceda, Coirós, Corcubión, Curtis, Fene, Laxe, Mazaricos, Monfero, Mugardos, Muros, Negreira, Padrón Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiso, Sobrado e Vimianzo. A iniciativa completarase nos dous anos seguintes até completar os 93 concellos da provincia coa entrega de 15.000 exemplares do fondo da Deputación.

A campaña súmase a outras iniciativas da área de Cultura da Deputación da Coruña de fomento da lectura como a dotación de libros en bibliotecas e centros públicos municipais ou programas de animación á lectura en distintos concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies