A  Deputación da Coruña inviste máis dun millón de euros en Santa Comba

0

Santa Comba, 3 de outubro do 2018 – O Concello de Santa Comba adxudicará nas vindeiras semanas seis obras incluídas no Plan Único da Deputación da Coruña e destinadas a mellorar os servizos básicos do municipio.

As obras, cuxo prazo de licitación rematou este martes, inclúen a pavimentación e mantemento de camiños e estradas municipais en diversos núcleos e a dotación de abastecemento de auga á zona sur de A Pereira e suman un investimento de preto de 1,1 millóns de euros. O Plan Único permitirá mellorar o firme, na actualidade moi deteriorado, da estrada “San Griñal” ao seu paso polos lugares de Santa Sabiña, Os Fornos e Vilarqueimado cun investimento de 285.169 €. O vial contará cunha nova capa de mestura bituminosa en quente e dobre rego asfáltico, que elimnará as fochancas existentes mellorará a seguridade do tráfico rodado.

Outros proxectos de mellora do firme e pavimentación levaranse a cabo en Truebe, O Riveiro e San Cristovo (178.522 €), no lugar de Almozara (72.555 €), no camiño de Mourella a Salgueiroas e nos núcleos de Grixoa, O Porto, Mourelle e Rebordelos (188.858 €).

Pavimentacións na zona urbana e abastecemento de auga en A Pereira

A zona urbana de Santa Comba contará cun investimento de 96.591,54 € do Plan Único para financiar as obras de mellora e pavimentación nas rúas Xosé Ferrero, Galicia, Breogán, Pontevedra, Coruña, Suárez Vence, Carmen Santiso rúa Nova e rúa do Emigrante.

Finalmente, a Deputación financiará os traballos de construción da rede de abastecemento de auga á zona sur de A Pereira, cun investimento de 276.185 euros. As obras dotarán de traída de auga potable a 230 veciños desta zona e permitirán unha posible ampliación futura aos núcleos de Barbeira e Fontecada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial