A Deputación mellora a seguridade da travesía de Bastavaliños en Brión

0

Brión, 26 de maio do 2020 – A Deputación da Coruña e o Concello de Brión investirán 306.735, 47 euros nun proxecto de mellora da seguridade peonil na travesía de Bastavaliños.

A obra suporá unha considerable mellora para a estrada de Bastavaliños xa que na actualidade carece de beirarrúas, agás en tramos illados, a pesar de contar con numerosas vivendas no entorno e de tratarse dun vial cun importante volume de tráfico.

A Deputación mellora a seguridade da travesía de Bastavaliños en BriónEn fase de licitación

O proxecto, que remata a fase de licitación pública este xoves, será financiado con 240.449,44 euros do Plan Único (POS+2019) e 66.286,03 euros achegados polo Concello de Brión con fondos propios.

As obras suporán a construción dunha senda de formigón de 2.300 metros de longo e 1,80 metros de ancho que discorerrá pola marxe esquerda da calzada, en dirección á estrada autonómica AC- 300.

Na marxe dereita executaranse tamén tramos de senda nas zonas nas que se concentren vivendas ou servizos. Actualmente a travesía conta con dúas zonas de nova urbanización dotadas con beirarrúas que darán continuidade á nova senda.

O camiño contará tamén cun sistema de drenaxe mediante colector de PVC de 400 mm de diámetro e as correspondentes arquetas con sumidoiros, co fin de evitar as acumulacións de auga.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial