A Deputación inviste cerca de medio millón de euros na seguridade viaria de Brión

0

Brión, 20 de setembro do 2018 –  A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación de dúas obras de mellora na estrada provincial DP-1301 da Gándara a Amañecida, no termo municipal de Brión, que suman un investimento de máis de 464.000 euros.

A obra da Deputación afectará ao tramo do vial que discorre entre os puntos quilométricos 3+250 e 5+870 e os traballos consistirán na mellora da rasante, a reparación dos defectos na capa de rodaxe e a regularización da totalidade da superficie coa extensión dunha capa de zahorra, grava e tratamento superficial. Inclúese a renovación da sinalización tanto vertical coma horizontal.

Asemade, nos primeiros 300 metros da calzada (entre os pq 0+047 e o 0+377), a Deputación executará obras de ampliación do vial ata obter 7 metros de calzada e 0,5 de arcén, ademais de pequenas melloras puntuais do trazado para a rectificación de curvas. As obras inclúen tamén a execución dun novo sistema de drenaxe e recollida de pluviais que mellore as condicións de circulación con choiva.

O alcalde de Brión, José Luís García, celebra o anuncio da entidade provincial e destaca que “mellorará a seguridade viaria dos centos de veciños e veciñas que nestes momentos teñen que camiñar polas beiravías para achegarse ata a zona de concentración de servizos e equipamentos no municipio, como a gardería, a parada do transporte metropolitano ou establecementos comerciais”. García agarda que “as obras poidan comezar este mesmo ano”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial