A Deputación abre o proceso de licitación dunha senda peonil en Negreira

0

Negreira, 7 de setembro do 2018 – Negreira contará cunha nova senda peonil cun investimento por parte da Deputación da Coruña de 75.398 euros.

O anuncio de apertura de prazo para a presentación de ofertas para esta obra foi xa publicado esta semana no BOP. A construción da senda peonil será en formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros. Previamente levarase a cabo a demolición dos pavimentos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona. A senda coincide co enlace da estrada da Deputación 1302 coa rúa Malecón.

O primeiro tramo da senda contará con novas beirarrúas pola marxe esquerda, con ancho variable en función do espazo dispoñible. O segundo tramo, que discorrerá pola marxe dereita (no esquerdo xa hai beirarrúas) disporá dun ancho total de 1,20 metros, discorrerá a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e contará con sistema de recollida de pluviais. Finalmente no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorrerá pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cortón. Todas as obras están adaptadas para garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público até o vindeiro 1 de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial