A Deputación comeza a construción dunha senda peonil entre Mesón do Vento e Meirama

0

Ordes, 9 de xaneiro do 2018 – Os traballos de construción dunha senda peonil na DP 2405, de Cerceda a Mesón do Vento, deron comezo onte. A Deputación da Coruña financia estes traballos, que contan cun orzamento de 123.353,8 euros e consistirán na creación de novas beirarrúas no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 5+820 e 7+510.

Estas obras, que se inclúen dentro do plan provincial de sendas peonís, teñen como obxectivo principal mellorar a seguridade viaria tanto do tráfico rodado como dos peóns. Ademais, as obras permitirán eliminar as barreiras arquitectónica, favorecendo así o uso do camiño por persoas con mobilidade reducida.

A senda conectará coa beirarrúa xa executada no núcleo urbano de Meirama, completando así o itinerario peonil entre Mesón do Vento e Meirama, un tramo onde é habitual a presenza de transeúntes.

Así mesmo, este novo tramo proporcionará un acceso a pé seguro ata a central térmica de Meirama e favorecerá os desprazamentos a pé tanto dos veciños de Mesón do Vento como dos núcleos de poboación próximos ao vial.

A nova senda terá un ancho de dous metros e estará composta por unha capa de 55 centímetros de solo seleccionado e 20 centímetros de zahorra artificial. Así mesmo, recubrirase por unha capa de formigón e posteriormente pintarase, para homoxeneizala ás demais sendas da contorna.

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e adaptar o tráfico ao tránsito dos peóns, instalaranse novos pasos de cebra e sinalización vertical. Así mesmo, as zonas colindantes rozaranse e tamén se plantará céspede.

As obras, que estarán rematadas nun prazo estimado de 6 meses, tamén incluirán a execución de cunetas, recubertas por lousas de formigón e dotadas de desaugadoiros, para garantir a correcta evacuación das augas da plataforma da estrada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies