займ срочно

Servizo de atención a visitantes para o dolmen de Cabaleiros, en Tordoia

0

Tordoia, 19 de abril do 2021 – A Deputación da Coruña colabora co Concello de Tordoia na xestión do punto de atención de visitantes do dolmen de Cabaleiros.

O presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde do municipio, Eduardo Antonio Pereiro Liñares, asinaron o convenio de cooperación para financiar este servizo.

O Dolmen de Cabaleiros forma parte do patrimonio provincial. Nos últimos anos a institución provincial realizou numerosas actuacións encamiñadas á protección, conservación, rehabilitación e posta en valor.

O servizo funcionará desde o 1 de xullo ao 30 de setembro, estando aberto o punto de atención os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 horas a 19:00 horas. As visitas guiadas ao espazo son de carácter gratuíto.

Ambas institucións buscan con este acordo o impulso de actividades educativas e didácticas no dolmen de Cabaleiros, así como a posta en valor do espazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies