A Deputación asesorará a Vedra en materia de eficiencia enerxética

0

Vedra, 6 de marzo do 2018 –  O concello de Vedra e a Deputación de A Coruña veñen de firmar un convenio polo que a Axencia Enerxética Provincial da Coruña asesorará ao municipio en materia de aforro e eficiencia enerxética.

Os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais do concello, co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

A axencia provincial tamén se compromete a  prestar asesoramento técnico en todas as actuacións que desenvolva o Concello de Vedra en materia enerxética. Neste sentido, realizarase un seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos e manterase informado ao concello sobre as modificacións lexislativas e tarifarias, as convocatorias de axudas públicas e os novos materiais, produtos sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais. Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

O convenio foi firmado na sede da Deputación polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo e o presidente provincial, Valentín González, que explica que a través da prestación destes servizos, un dos obxectivos do actual goberno provincial é “utilizar o coñecemento da FAEPAC para axudar aos concellos a aforrar na súa factura eléctrica”, un gasto que para algúns municipios do ámbito rural supón a maior partida do seu gasto corrente.

Varios concellos xa aforran na factura eléctrica

Vedra súmase así a outros concellos da provincia como Cariño, Valdoviño, A Capela, Bergondo, Rianxo, Neda ou Moeche, aos que a FAEPAC xa presta servizos de asesoría e de análise e control de facturación eléctrica, permitindo importantes aforros ás economías municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial