A Deputación entrega 3 vehículos adaptados,  un deles á asociación Amarai de Arzúa

0

Arzúa, 9 de novembro do 2018 –  O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, entregaron tres novas furgonetas adaptadas para o transporte de persoas con discapacidade física ás entidades Aspace (Sada) , Agasdep (A Coruña) e Amarai (Arzúa).

González Formoso destacou que os vehículos, con capacidade para nove persoas e dotados plataforma lateral eléctrica que os fai completamente accesibles para usuarios con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas, “contribuirán a facilitar a gran labor social que desenvolven estas asociacións”, facilitando os desprazamento diarios.

Os responsables das tres entidades destacaron o importante apoio da Deputación ao ceder estes vehículos, que permitirán resolver o transporte de moitas persoas con grandes necesidades de apoio. O transporte de usuarios é un aspecto fundamental e un dos grandes problemas cos que se atopan este tipo de asociacións á hora de desenvolver a súa actividade. A deputada responsable da área de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, incidiu tamén neste aspecto e destacou que “na Deputación escoitamos ás entidades e somos conscientes deste problema, por iso creamos un programa  para axudar a solucionar o problema do transporte”.

11 vehículos adaptados para as entidades da provincia

Coa entrega destes tres vehículos, a Deputación da Coruña completa a cesión dun total de once vehículos adaptados a outras entidades sen ánimo de lucro a provincia.

As entidades beneficiarias desta convocatoria foron a Asociación Nosa Señora de Chamorro, a Asociación de Discapacitados da Comarca de Muros, Asociación de persoas con discapacidade Avante; Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (Amarai), Asociación Discapacitados Terra de Muros, Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, Asociación Pais Def. Físicos e Psíquicos Comarcas Xallas-Cee, Asociación Pro Saúde Mental A Creba, Asociación Porta Nova, , Asoc. Íntegro P/ Diversidade Funcional comarca Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e Asoc. de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE)

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial