Derrota do Obradoiro ante o Divina Seguros  Joventut

0

Compostela, 18 de marzo do 2019 – Íñigo Caínzos / Lindeiros – O Divina Seguros  Joventut asaltou o Fontes  do Sar e rompeu a serie do  Monbus Obradoiro en casa gañando por 77 a 84.

No terceiro cuarto o Divina Seguros foi quen de remontar o partido liderados por Nico Laprovittola, e terminaron de  axustizar ao final, co debut de  McFadden.

Duelo entre  Singler e  Harangody

Ambos os dous equipos ofreceron un partido brillante, moi disputado xa desde os primeiros compases. No amencer da contenda, retáronse Kyle  Singler e Luke  Harangody nun duelo apaixonante. Ante a baixa de  Vasileiadis, Singler botouse ao  Monbus Obradoiro ás costas, con 11 puntos no primeiro cuarto.

Replicó Luke  Harangody para a escuadra catalá, letal desde o triplo, pero tamén inspirado con tiros abertos. O á-pivote do  Joventut sostivo durante o inicio ao seu combinado, autor de 10 puntos.

Grandes minutos do  Monbus Obradoiro

Co paso dos minutos disparouse o  Monbus Obradoiro, que xogou con alegría e fluidez e disparouse no marcador. Andy  Obst  abriu o aro da  Penya a base de triplos (tres seguidos) e a continuación tomou a testemuña Ben  Simons. O  Monbus Obradoiro voou e distanciouse no marcador (40-26) mediado o segundo cuarto.

Laprovittola esperta e fai grande ao  Joventut

Antes do descanso, o Divina Seguros  Joventut reaccionou cando bailaba sobre o arame. O  Monbus Obradoiro, que manexara ben a pelota ata o minuto 15, enfangouse e acumulou perdas que deron vida aos de Carles Duran. Creceu o canteirán López- Aróstegui (8 puntos no segundo cuarto) e puxéronse a rebufo os de Badalona, antes de que  Simons e  Brodziansky aplacasen a reacción da Penya para chegar ao descanso con vantaxe (45-38).

A tendencia, con todo, á volta de vestiarios, seguiu sendo favorable ao Divina Seguros  Joventut, esta vez con Nico  Laprovittola como executor. O base arxentino deixou o seu sinal en Sar, con 14 puntos no terceiro cuarto para concluír con 20 puntos e 22 de valoración. Con  Laprovittola ao mando, o  Joventut borrou do marcador a vantaxe  obradoirista nun

par de minutos, ben acompañado por  Thad  McFadden, e sentaron as bases para disparar ao seu equipo antes do final do terceiro cuarto (60-68).

Reacción e coraxe dos galegos

O  Monbus Obradoiro afrontou o asalto definitivo vendo como se escapaba  Joventut, pero atrincheirouse en defensa e disputou bos minutos en ataque.  Simons por fóra, Llovet e  Brodziansky por dentro, todo baixo a batuta de Pozas, empataron o partido.

O asalto foi un intercambio de golpes moi intenso por momentos, tremendamente rifado. Os triplos dun equipo atopaban réplica inmediata no outro lado da cancha. Cando o encontro encamiñábase cara a un final  taquicárdico, tres faltas en ataque desconcertaron e  noquearon ao  Monbus Obradoiro.

Os tiradores  verdinegros axustizan

Nos instantes finais volveu aparecer  Thad  McFadden para terminar de sentenciar o choque. O escolta do  Joventut rebentou o partido con oito puntos máis no último cuarto.  McFadden serviu a vitoria en bandexa de prata aos  verdinegros, con 17 punto (5 de 6 en triplos) e 25 de valoración.

Sucumbiu ao acerto do  Joventut o  Monbus Obradoiro, que viu cortada a súa serie triunfal no Fontes  do Sar. As dúas próximas citas son a domicilio, primeiro contra o Unicaja (domingo 24, 17:00 horas) e despois contra San Pablo Burgos (domingo 31, 12:30 horas), para volver a Sar a primeira fin de semana de abril e recibir ao  Tecnyconta Zaragoza (sábado 6, 20:30 horas).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial