Derrota do Santiago Futsal en Burela e épica vitoria do Noia en Canarias

0

Bisbarra, 25 de febreiro do 2019 – Cambiou a tendencia para os galegos da bisbarra na segunda nacioal de fútbol sala. O Santiago Futsal foi o que caeu en esta ocasión ante o Burela e o Noia gaña en autoestima cunha épica vitoria ante o Gran Canaria.

Pescados Rubén Burela – Santiago Futsal

O derbi  Irmandiño que se xogou en Vista Alegre cumpriu todas as expectativas. Na bancada unha gran afección por ambos os bandos e na pista dous equipos que o deron todo ata o seu último alento.

Os contendentes comezaron intercambiando golpes co Santiago levando a iniciativa a pesar de ser o visitante. Xa no minuto 3 Everton colleu un rexeite no bordo da área, que primeiro se estrelou no traveseiro e posteriormente cruzou a liña, poñendo así o 0-1 inicial no marcador.  

Despois do  primeiro gol, ambos equipos seguiron poñendo intensidade no terreo de xogo ata que unha man de  Christian Chao dentro da área provocou un penalti que  Matamoros non perdoou. Era o minuto 13 e os Burelenses querían máis. Os locais seguiron acosando a portería de Álex Pérez ata que no minuto 18  Iago Míguez finalizou unha gran acción colaborativa por baixo das pernas do porteiro.

Co comezo da segunda parte os de Burela ampliaron a vantaxe a través de  Luisma no minuto 22, pero Everton volveu achegar aos celestes grazas a unha falta directa que se coou á esquerda de Edu, o porteiro local.

Os minutos pasaban e houbo ocasións para os dous rivais, ata que Renato finalizou unha xogada de estratexia  ao bordo da área provocada por unha cesión visitante.

A partir de aí o partido toleou, sen posesións longas para ningún dos dous equipos ata que os de Santi Valladares sacaron ao quinto home. No minuto 39 e tras a expulsión de  Zequi, os locais conseguiron o 5-2 final ao materializar un dobre penalti grazas a  Matamoros.

Gran Canaria – Noia Portus Apostoli

Partido importante para ambos os dous equipos razón pola cal desde os inicios viviuse un intenso encontro que terminaría cun final de infarto.

Primeiros minutos nos que os locais tentaban sorprender a  Brais ata que Alex Rivero materializa unha desas oportunidades. Co 1-0 foi cando o bloque galego reaccionou  embestindo a portería de  Barranquero. A primeira máis clara teríaa Colorado que estrela o esférico ao traveseiro, para logo Pizarro e Iván  Beltrán probar sorte. E como quen a segue conséguea foi  Beltrán quen rompería sácaa galega subindo o empate ao luminoso canario cun tiro certeiro ao segundo pau.

O empate no electrónico facía a xustiza na igualdade que se vía en pista. Foron os locais que un minuto despois do tanto galego romperían o empate cun gol de Álex Velasco desde fóra da área.

Unha vez máis, O Noia  remaba en contra e por riba Juanillo poñía o 3-1 no marcador co que se irían ao descanso. Quedaban 20 minutos por diante para reverter a situación por iso  Marlon Velasco consciente da necesidade de puntuar sairía no segundo tempo co xogo de cinco. Juan Puertas sería quen portase a camiseta de porteiro xogador.

A escuadra branca máis  enchufada buscaba o cambio do signo do partido pero este non chegaba. Os minutos xogaban en contra dos xogadores noieses que insistían sobre a portería canaria. Antoñito tería a máis clara do segundo acto no 32’. A madeira converteríase nunha aliada para o cérbero local, pois varios dos tiros galegos atoparon alí o seu final, como os de  Marci e Colorado nos compases finais do encontro.

Pero os galegos querían resarcirse da mala sorte fronte o gol e o fixeron por medio de Antoñito que tras un saque de esquina marca a pracer o segundo para os seus. Restaban cinco minutos para o final e de novo Velasco aposta polo xogo de cinco. Nesta ocasión sería  Javaloy quen portase dita camiseta. Co xogo de cinco chegaría no 37 o gol de  Marci e por tanto o empate no marcador. Parecía que as cousas se lle poñían mellor aos galegos.

A necesidade dos 3 puntos, non chegaba o empate, viuse na decisión do corpo técnico noiés que no 38 sae de novo de cinco, e foi entón cando se produce a remontada cun gol de Dani Colorado que sobe o 4º galego no marcador canario. Tras este Suso Méndez é quen aposta polo xogo de cinco pero a defensa galega evitaría que os díxitos canarios cambiasen de novo de vestimenta. Final de infarto na Veciñanza no que os noieses asinaron unha tarde épica ante os canarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial