Alertan da desaparición dun tramo do río Portapego en Touro

0

Touro, 9 de outubro do 2018 – A Asociación Aldea Viva denuncia que un tramo da 200 metros do río Portapego está seco desde hai dúas semanas.

No pasado mes de agosto a asociación Aldea Viva denunciaba a intención de entubar o río Portapego, ao seu paso por Fonte Díaz, sen autorización de Augas de Galicia. Agora o tramo inicial do río, xusto detrás do centro de día e da gardería infantil, está completamente seco.

O colectivo explica que “Este río atravesa o núcleo municipal até desembocar no Lañas, tributario do río Ulla.Nos últimos tempos fíxose moi popular polo seu pésimo estado, sen vida algunha nas súas augas, como outros moitos ríos e regatos próximos á explotación mineira. Esta situación puido xerar incomodidade para os promotores da mina  pola mala imaxe que proxecta, e que dalgún xeito simboliza a súa despreocupación durante todos estes anos. Solo deste xeito atópase explicación á supresión de aproximadamente 200 m de treito de río sen contar con ningunha autorización por parte de Augas de Galicia”.

Aldea viva tamén puxo en coñecemento do concello de Touro estas irregularidades para que presente denuncia e exerza as competencias que lle corresponden, algo que non fixo até o día de hoxe.

A Universidade de Santiago desvincúlase do Proxecto Touro

A Asociación tamén desmonta a suposta colaboración da USC nos informes enviados a administración desde a empresa mineira. Según Aldea Viva a Universidade de Santiago de Compostela ven de aclararlles nun correo electrónico que “non existe actualmente ningún contrato ou convenio de colaboración da USC cos titulares da mina”.

Tamén apuntan que logo de consultarlle á consellería pola utilización do nome da institución, recibiron contestación con data do 13 de abril de 2018 indicando que “non consta entre os informes recibidos ata a data ningún asinado por ningunha persoa que se identifique como membro da Universidade de Santiago de Compostela”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial