Descarga de son esta fin de semana con Helloween en Compostela

0

Compostela, 3 de decembro do 2018 – O Multiúsos de Sar acollerá o próximo 8 de decembro un concerto dos alemáns Helloween, dentro da súa xira de reunión Pumpkis United.

O concerto de Helloween forma parte da programación que recupera o Multiusos de Sar como multitudinaria sala de concertos e eventos. Esta cita é a única que o grupo ten en España e será o seu primeiro concerto en Galicia.

A xira Pumpkins United supón a reunión de todos os integrantes de Helloween, co regreso do vocalista Michael Kiske e do guitarrista Kai Hansen, que formaban parte da banda nos seus inicios. A banda xermana é un referente do heavy metal, considerada fundadora do speed metal melódico alemán. O comezo da súa carreira remóntase a 1984, e dende entón a formación deixou o seu selo nos máis importantes festivais de metal e rock de todo o mundo, ademais de innumerables xiras por todo o Planeta. Do seu legado forman parte obras mestras con “Keeper of the seven keys”, e cos seus 15 discos de estudio e tres álbums en directo, Helloween conseguiu 14 discos de ouro e seis de platino.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial