займ срочно

Demandan desfibriladores para as instalacións deportivas de O Pino

0

O Pino, 18 de marzo do 2018 – O Psoe de O Pino ven de presentar unha moción ao pleno municipal na que solicitan desfibriladores para as instalacións deportivas do concello.

O concelleiro socialista, Óscar Vilar, solicita en dita moción que mediante un procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia, se doten de desfibriladores ao campo de Fútbol Reboredo, Polideportivo Reboredo e Polideportivo Lameiro, e xunto a estes, os correspondentes maletíns de reanimación e cursos de formación para interesados/as. Vilar Incide, en que todos debemos estar concienciados que ante un síncope do deportista, que pode rematar na morte súbita, a actuación prioritaria, ata que cheguen os servizos de emerxencia, é comezar rapidamente coa reanimación cardiopulmonar xunto coa aplicación dos desfibriladores automáticos, aumentando así as taxas de supervivencia.

A Xunta de Galicia aposta por esta medida

O socialista recalca, que a Xunta de Galicia, tras a recente aprobación do decreto 38/2017, polo que se regula a instalación e uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, tamén fomenta esta medida. recomendando a instalación dos DESA, entre outros, nas instalacións deportivas de uso público ou privado, centros deportivos e un longo etc…

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies