займ срочно

Os DesOrdes Creativas e Sonoras regresan a Ordes

0

Ordes, 24 de xullo do 2017 – Do 7 ao 13 de agosto Ordes volverá a ser o máximo punto de interese no que se refire a arte urbana, grazas á décima edición do festival internacional DesOrdes Creativas.

Imaxe de arquivo da edición do 2016 de Desordes Creativas

Imaxe de arquivo da edición do 2016 de Desordes Creativas

Unha vez máis as fachadas dos edificios e outros espazos públicos servirán de lienzos para a realización dos murais que pasarán a formar parte da paixase da vila. Deste xeito o festival pioneiro deste tipo de todos os que se suceden polo territorio galego cumpre a súa primeira década.

DesOrdes Creativas contará coa participación de: Spy, Javier Abarca (Madrid), Erica il Cane (Italia), Xoana Almar, Sekone (Galicia), Carlos Goma, Nömada (Almería), Bastardilla (Colombia), Saturno (Cataluña). Ademais das súas obras o cartel inclúe outro tipo de actividades como obradoiros, master class, exhibicións, seminarios e roteiros polos distintos murais, máis de 50 en total, dos que figuran no rueiro ordense.

Museo aberto

Cartaz da proposta

Cartaz da proposta

Dende que comenzara a súa andaina no ano 2007 polo DesOrdes Creativas, idea orixinal do colectivo Creativo Mutante, levan pasado preto de medio cento de artistas de distintos lugares do mundo, nalgúns casos auténticas figuras dotados con prestixiosos premios a nivel internacional. O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que converte vellos espazos en desuso ou abandonados en novos lugares cheos de vida e cor para o disfrute colectivo. O fin último e transformar o lugar nun grande museo público e gratuíto a ceo aberto.

Festival musical

Por outra banda DesOrdes Creativas trae aparellada o 12 de agosto a sexta edición do festival musical DesOrdes Sonoras. Unha cita que este ano aúna nunha mesma xornada a actuación de Los Bengala, Igmig, Xenderal, Santiuve Da Xoo Bros e Bigote Mix.

Cartaz do concerto

Cartaz do concerto

O escenario escollido para que todas as persoas que queiran poidan asistir de balde a partir das 22 horas será o parque da Constitución. Ademais tamén haberá unha sesión vermú no mesmo lugar a partir das 13 horas, na que actuará Sabela King & The Heartbreakers e na que se fará unha exhibición de pintura en directo.

Ambos festivais están organizados polo colectivo Mutante Creativo e contan coa colaboración do concello de Ordes e a da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies