Ordes, 13 de agosto do 2017 – O Desordes Creativas é un festival de arte na rúa no mais amplo sentido. Desde o 2009 leva vestido as paredes de Ordes de cor, crítica e arte graffitero.

Por aquí pasaron algúns dos mellores especialistas galegos e mundiais e aínda pódense seguir vendo os seus traballos nas rúas da vila.

Este ano chegaron desde sitios como Colombia, Italia ou Andalucía e Cataluña ademais dos da terra que sempre teñen o seu espazo. Desordes Creativas ofreceu tamén master class, seminarios, pintura en directo e música, un conxunto de actividades que fan do encontro unha oportunidade única de mergullarse no mundo do grafitti e do street art.

Saturno é un catalán autodidacta que comezou no mundo do graffiti vendo a televisión e lendo as poucas revistas que atopa sobre o tema. A partir do 95 comeza a ser considerado un dos máximos expoñentes europeos. Non se dedica so as paredes xa que tamén son recoñecidos os seus traballos en ilustración dixital e deseño gráfico.

Xoana Almar forma parte da cooperativa Cestola na Cachola, un proxecto de autoemprego no que traballa con Miguel Peralta e Raquel Doallo. Formouse como ilustradora, economista e antropóloga e ademais do traballo nas paredes e muros ilustrou abundantes libros case sempre en colaboración con Miguel, traballos que os levaron a protagonizar unha exposición na biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

Bastardilla é unha rapaza nada en Bogota, Colombia, e recoñecida como unha das grandes artistas do país latino. Colombia ten ao longo de todo o país centos de graffitis nos que se mostra a frustración dunha xuventude crecida nun entorno de guerra civil. Bastardilla elixe sempre o anonimato , como ela mesma di “nun mundo no que todo o mundo promociona a súa propia imaxe o anonimato resulta algo especialmente atractivo”.

Spy Urban Art é un artistas que fixo as primeiras intervencións a mediados dos 80. O seu traballo evolucionou cara a exploración dos elementos urbanos para apropiarse deles e cambiar o seu significado, serva como exemplo unha intervención en Barcelona na que nunha serie de mastros as bandeiras son sustituidas por reproducións, do mesmo tamaño, de billetes nunha clara alusión ao poder económico. No caso das Desordes Creativas Spy apropiuse dun elemento ao que estamos moi acostumados como as vallas. No Campo da Feira presenta unha instalación que consiste nun labirinto creado con precisamente vallas e que invita a entrar e xogar.

Ericailcane é o pseudónimo dun italiano que leva na escea do street art desde antes do 2000. Os seus traballos atópanse por todo o mundo desde Europa a Latinoamérica e se caracterizan polo protagonismo dos animais nos seus debuxos. Non so traballa con graffiti se non que a ilustración, o vídeo ou outro tipo de instalacións forman parte do seu portfolio.

O almeriense Carlos Goma traballo ao lado do Camposanto nun muro no que deixa unha pegada espectacular e que tivemos ocasión de fotografar nos seus momentos iniciais. Un traballo meticuloso e que provoca sensacións encontradas ao remata de serán.

Son 4 graffitis máis, xa que a instalación do Campo da Feira é temporal, que poderemos visitar xunto aos máis de vinte que decoran a vila de Ordes. por algúns deles tiveron a posibilidade de pasear os que se apuntaron ao roteiro preparado pola organización. Acompañados polo Sokram visitaron os muros mentres escoitaban a historia do graffiti ou do creador do mesmo.

Os Desordes Creativos seguen a ser unha oportunidade única na bisbarra, un museo ao aire libre para disfrutar e asombrarse do traballo de algúns dos artistas máis relevantes dos últimos anos en todo o mundo.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies