займ срочно

Desplanta Sons, A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos segue na loita

0

Teo, 4 de setembro do 2018 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos segue na loita e comeza o curso cun festival que desde o nome indica as intencións: Desplanta Sons.

As Festas do Carmelo, en Ameneiro, teñen un compoñente reivindicativo que se mostra desde o tradicional libro ata a programación. A ameaza da instalación dunha planta de tratamento de residuos a parroquia máis do que o podería facer calquera outra cousa. Boa mostra é o festival solidario Desplanta Sons que se celebrará este venres 7 a partir das oito e media da tarde. Será unha festa para todo o mundo con inchables gratuítos, o espectáculo do Capitán Garfo para os máis cativos e música de todos os estilos. Abrirán Son Elas para continuar co folk de  Tres Pesos e Os D’Abaixo e rematar co metal de Deseqilibrio Mental e o rock dos John Derees.

A organización do festival fai fincapé na colaboración desinteresada dos grupos participantes, da Comisión de festas do Carmelo, da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Deza Espectáculos (palco), RTA-Recursos Técnicos Artísticos (equipo de son), Iluminacións Souto, Infantilandia (inchable), Cantina de Midón e Cantina de Mambís, Fogar do Santiso.

Os grupos musicais O Capitán Garfo, Son Elas, Tres Pesos, Os D’Abaixo, Deseqilibrio Mental, Os John Derees. No apartado técnico Carlos Gandón, Vituco Neira, Fidel Vázquez, Juan Antepazo, Xurxo Piñeiro, Jose Manuel Piedra. E, sobre todo, ás veciñas e veciños de Calo.

A plataforma Casalonga Limpa de Residuos deixa constancia no libro de festas do Carmelo dos obxectivos “temos a esperanza de ser quen de enfrontarnos aos poderosos e impedir a construción da planta. Si o conseguimos teremos gañado a primeira batalla, mais non a guerra. A guerra so a gañaremos cando a canteira e a súa contorna, sexan quen sexan os propietarios, acompañen as nosas vidas no canto de ameazalas”.

Máis información en http://casalongalimpa.gal e no facebook Casalonga Limpa de Residuos

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies