Detlef Kappeler expón na Igrexa da Universidade a mostra ‘Foula’

0

Compostela, 6 de xuño do 2019 – A Igrexa da Universidade acubillará ata o 6 de xullo unha exposición do artista alemán Detlef Kappeler (Stettin, 1938) que ten como base o mar da Costa da Morte.

A inauguración terá lugar hoxe xoves 6 ás 20.30 horas nun acto ao que ademais de Detlef Kappeler asistirán a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, a comisaria, Nuria Kolb.

‘Foula’ é definida pola Real Academia Galega como “escuma do mar que lanza a proa do barco ao navegar ou que se levanta ao bater as ondas contra a costa ou cando fai moito vento”. Ese mar é o que inspira a este artista para as creacións desta exposición e que se une a toda a súa experiencia como refuxiado de guerra e a condena ás inxustizas e o abuso de calquera tipo de poder, lembrando e facendo referencia aos eventos máis actuais, especialmente os que hoxe afectan ás  persoas refuxiadas que cada día tentan cruzar o mar cara a unha vida mellor, sen conflitos nin guerras.

Como explica a comisaria da mostra, “as súas obras non son só unha oda á forza do mar, senón sobre todo ao mar como símbolo de vida e morte. Así mesmo, o mar é representante do camiño do propio artista relacionado con todo o seu ciclo creativo, vital e de fuxida; e de Galicia como contexto no que conflúe todo o anterior”.

A mostra ‘Foula. Detlef Kappeler na Costa da Morte’ poderá visitarse de luns a venres de 17:00 a 20:30 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial