Hai uns días mandamos a Mandingo de viaxe a Vilagarcía, para que vexa mundo, e alí disfrutou a ópera prima de Andrés Goteira, Dhogs, esto foi o que veu e o que pensou

1.- DOGS: Sumisos e obedientes animais.      2.- HOGS: Sucios e malvados animais.

Na clausura do pasado Festival de Cine Internacional de Vilagarcía, o Curtas Fest, puidemos visionar á ópera prima diste realizador lugués que polo efecto  “boca-orella” estase a constituir nun fenómeno dentro do noso cinema. Coa presenza do propio Goteira e dos actores Melania Cruz e Carlos Blanco, que presentaron ó título e que quedaron para un entretido coloquio posterior, prestos e dispostos puxémonos a disfrutar diste singular proxecto cinematográfico.

Ten moito mérito facer cinema galego, e en galego, nas  condicións nas que se atopa o audiovisual en Galicia na actualidade. Dende que hai catro anos escribira entre Edimburgo e Meira o seu guión, Goteira estivo loitando para conseguilo orzamento necesario para plasmar en imaxes o moito cinema que ten dentro da súa testa. Entre ás axudas do AGADIC, a Deputación de Lugo, o propio concello de Meira, investidores privados e o bendito crowdfunding, consigue a moi respectable cantidade de 285.000 euros, que para unha produción marcadamente independente é todo un logro.

Coa produción de Pixel Films, que roda para este traballo en 4k -25fps- (cun bo resultado no uso da dobre cámara) e de Gaita Filmes e coa colaboración de La Panificadora Estudios, Goteira e a súa directora de fotografía Lucía C. Pan (que ven de iluminar a recoñecida curta de Álvaro Gago Díaz, Matria), conseguen un resultado visual notable cunha foto fixa que lémbrame o traballo de Chris Menges en The Three Burials of Melquiades Estrada (2005) ou de Jack N. Green para o Unforgiven (1992) de C. Eastwood.

Isa poderosa imaxinería do deserto de Gádor (Almeria) e a crudeza dos feitos que alí acontecen, transpórtanme a loita de cans doentes que propuxera o grande Carlos Saura en La Caza (1966), e destaco a axeitada dirección artística de Noelia Vialboa. Moitas veces non fan falla moitos medios ou grandes decorados para conseguir materializar en imaxes a proposta de desolación ou de desamparo co entorno nos que conviven ás personaxes. Esa cabana do “home coello” (excelente Miguel de Lira) medio a podrecer co árbore morto ou esa gasolineira no medio de ningures, son do máis potente do filme.

Gañada á batalla visual, hai que subliñar que a proposta narrativa, non é prato para tódolos padais. Recoñecido polo propio autor, a liña argumental vai intencionadamente descolocada, cunha certa pausa para poder reconstruíla logo coma se fose un puzzle, de complicado encaixe. Un pouco como as creacións dise “enfant terrible” que é Gaspar Noé,  herdeiro a súa vez do cineasta Jean-Luc Godard. Xoga a mesturar ás lindes da realidade coa ficción, impoñendo ó espectador unha certa inquedanza do que está a piques de acontecer.

Durante a proxección do filme aceptámola proposta, arriscada, chea dun forte contido crítico ó control social duns poucos e a pasividade da propia sociedade ante situación extremas, que vai reflexo nese menú do mando da consola e a posibilidade de salvar ou condenar ós nosos protagonistas. E todo a través dos inocentes ollos dun cativo, (grazas ó descoido do adulto ao cargo). No mundo de Dhogs, onde os malvados escravizan e violentan conxéneres pode que non teñas a sorte dunha segunda oportunidade. Non é país para vellos, coma o retrato que fai Jon Doe (o actor Iván Marcos), que semella un parente trastornado do Anton Chigurh de Javier Bardem.

Co privilexio de poder ler ó guión escrito polo propio director, observo unha fidelidade primixenia no seu posterior desenrolo, que non coincide coa relación “unha páxina, un minuto de metraxe”, pero que aprecio coma áxil e editada cunha certa pericia por Goteira e Juan Galiñanes, responsable das tesoiras na multiagasallada Garden´s Road (2014). Non sempre é fácil traducir en imaxes ó tenor literal do texto e neste caso doulles boa nota.

Estreada, en España, na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Sitges, ven de recibir ó premio o mellor filme no último certame de Nocturna, certame que tamén premiou a Carlos Blanco coma mellor interpretación masculina. Merecidos loureiros polo singular da proposta, en especial tamén para poder “sacar peito” polo noso amplo e descoñecido elenco de cómicos, xograres e trobadores que teñen unha técnica como mínimo igual co visto no resto do Estado. Mención especial para Antonio Durán “Morris”, que fai o máis difícil para un actor. Actuar sen diálogo. Só coa súa mirada, inquietante, coma un Travis Bickle a piques de escoitar ese zumbido final de “aguillón”.

Filme orixinal, cunha proposta valente, atípica no noso cinema máis convencional, con suxeitos apegados a terra pesada e fangosa, que intentan sobrevivir fronte ós perigos que lles rodean. Seres baleiros, mortos en vida (brillante os papeis e as interpretacións de María Costas coma dona fosilizada da gasolineira e do seu fillo, o actor Suso López, que coa súa peculiar caracterización lembroume o Michael Boll –James Spader- de Bad Influence (1990) do malogrado e grande filmador Curtis Hanson.

E coma nexo de unión, a nosa protagonista Álex (rol interpretado pola actriz Melania Cruz nun salientable traballo), que engarza esa partida con multitude de opcións, e que coma un tremendo McGuffin lévanos a plantexarnos qué é realidade nesta ficción.

Seguiremos con curiosidade ás vindeiras propostas deste novo realizador (actualmente está escribindo un guión titulado Starmucks, que en boa medida debería ser o seu vindeiro filme), por que apreciamos na súa ópera prima un talento singular cunha poderosa imaxinería.

Dhogs non deixará indiferente ó espectador. Dará que falar, iso seguro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies