займ срочно

Máis de 100 persoas no Día da Bicicleta en Rois

0

Rois, 24 de setembro do 2017 – Un ano máis celebrouse o Día da Bicicleta en Rois cunha moi boa participación que chegou as 130 persoas en esta decimocuarta edición.

O XIV Día da Bicicleta en Rois agasallou ao participante máis xove e ao máis maio. Erik Brea Serramito, veciño de Seria (Rois) de 10 meses, e Mario Alfonsín Castro, padronés de 74 anos, foron os extremos de idade entre os 130 participantes que, con este evento,  conmemoraron a Semana da Mobilidade.

Despois de percorrer 20 quilómetros por fermosos paraxes do concello, e repoñer forzas en Angueira de Castro, os asistentes participaron nun sorteo de diferentes agasallos. Entre os participantes atopábanse Suso Blanco Villar, director do Club Ciclista Padronés, e Martín Bouzas, do Super Froiz e medalla de bronce no campionato de España Contrarreloxo individual. Coa organización da proba colaboraron Protección Civil de Rois e Padrón, e tamén o GES Terras de Iria, e a Asociación Amipa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies