займ срочно

Programación do Día das Letras Galegas en Arzúa

0

Arzúa, 11 de maio do 2018 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa segue desenvolvendo a programación cultural da primavera que neste mes de maio se centra na conmemoración das Letras Galegas.

En colaboración co Servizo de Normalización Lingüística organízase o programa As Nosas Letras, achegando varios espectáculos que fomentan o uso da lingua a espazos como a biblioteca, a residencia ou a escola infantil.  A primeira actuación terá lugar hoxe venres, día 11, a partir das 17:30h na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Trátase dun contacontos titulado María e os ollos alabarados da compañía Xarope Tulú que recolle fragmentos e relatos de diferentes obras de María Vitoria Moreno e ofréceos ao público a través da narración oral e os monicreques. Un espectáculo familiar co que se poderá percorrer o mundo literario desta escritora de literatura infantil á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2018.

O luns 14 será a quenda para a Residencia San José, que acollerá o espectáculo Contar a cargo de Celso Fernández Sanmartín, e o venres 25 para os nenos e nenas da Escola Infantil, que disfrutarán da representación de Entre arrolos e contiños de Migallas Teatro. Ambas as dúas actuacións comezarán ás 10:30h.

O 17 de maio, día das Letras Galegas, contarase coa representación teatral da obra O doutor brochas do colectivo Amarai ás 17:00h na Capela da Madanela, e coas actuacións da Banda de Música de Arzúa e do Grupo de Música e Baile Tradicional O Bringuelo a partir das 18:00h na Praza de Galiza ou no Multiusos Terra do Queixo, se o tempo non acompaña. Tamén haberá xogos tradicionais e artesanais coa Eira Xandobeleira.

As actividades do mes de maio compleméntanse coas Xornadas de xogos populares e tradicionais organizadas polo Departamento de Deportes  que terán lugar no CEIP de Arzúa o mércores 16 e que onte mesmo se celebraron no colexio Nsa. Sra. do Rosario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies