займ срочно

O IV Día do Deporte de Oroso distingue aos mellores deportistas da temporada

0

Oroso, 23 de xuño do 2017 –  O campo municipal de fútbol de Sigüeiro acollerá a partir das 20:00 horas, a cuarta edición do Día do Deporte de Oroso, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende distinguir aos mellores deportivas e ás promesas máis destacadas do ano 2016.

A maiores, tamén recibirán un agasallo os dezaseis clubs deportivos do municipio, así como todos os seus integrantes. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Imaxe de arquivo da edición do 2014

O acto estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey, que estarán acompañados polos demais concelleiros da corporación municipal. O Concello de Oroso entregará dez premios en cinco categorías: ao mellor deportista do ano, á mellor promesa, un recoñecemento especial aos clubs deportivos, un recoñecemento á traxectoria e un recoñecemento á empresa que máis apoie o deporte. Así mesmo, entregarán un agasallo a todos os clubs deportivos: Club Leones Béisbol, Club Oroso Fútbol Sala, Club Taekwondo ITF Oroso, Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, Club Ciclista e Running Tambre Bike, Club Oroso Motor Sport, Club Patín Oroso, Club Oroso Tenis de Mesa, Escola Deportiva Xuventude Oroso, Club Xadrez Oroso, Tambre Pitch and Putt, Ximnasia Oroso, SD Deixebre, Club Tenis de Mesa Espedregada, Sigüeiro FC e escolas municipais de Zumba, Ximnasia e Pilates.

A xornada comezará ás 16:30 horas coas tradicionais exhibicións de clausura das escolas deportivas no polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. Ás 20:00 horas terá lugar unha actuación de danza contemporánea a cargo do ximnasio Termópilas de Sigüeiro. Unha vez entregados os premios, a iso das 21:30 horas terá lugar unha festa de remate coa actuación do Dúo Glamour.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies