займ срочно

Día dos Medios en Galego

0

Este venres 7 de febreiro Carballo acolle a celebración do Día dos Medios en Galego. Unha celebración ratificada no Parlamento Galego.

O Día dos Medios en Galego celébrase cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.

Este 2020 é Carballo o que acolle o acto principal da celebración, que pretende convertirse nunha festa da nosa lingua. E dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) queremos celebralo cos máis de 100 medios que cada día usan o galego para contar o que acontece no noso país. Máis de 100 medios que demostran que a lingua está moi presente

Día dos Medios en GalegoO acto de celebración terá lugar mañá venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889. O acto será presentado pola regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará a participación da Deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño Filgueira; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero.

Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina, que malia ser xa unha das máis potentes do escaparate indie-punk do panorama estatal, segue cantando na nosa lingua.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies