займ срочно

Día Internacional dos Arquivos na USC

0

Compostela, 5 de xuño do 2019 – Con motivo da celebración o 9 de xuño do Día Internacional dos Arquivos, o Arquivo Histórico Universitario organiza esta semana unhas actividades dirixidas a dar a coñecer e a poñer en valor a riqueza dos fondos documentais que custodia, así como a difundir entre a comunidade universitaria e o resto da cidadanía o traballo que se desenvolve nel.

A iniciativa concrétase, en primeiro lugar, na realización dunha charla informativa e nunha visita guiada ás instalacións dos Arquivos universitarios. Algunhas de estas instalacións  están habitualmente vedadas ao público como o depósito de documentos ou o taller de restauración. Esta visita realizarase o día 7 de xuño ás 11.00 horas na sala de conferencias do AHUS. Ten unha duración aproximada de 90 minutos e, dado que o aforo está limitado a 20 persoas, para poder asistir requírese a reserva de praza ben a través do correo electrónico arquivo.historico@usc.es ou ben no teléfono 881812880.

Encontro de investigadores

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar o I Encontro de Investigadores do Arquivo Histórico Universitario de Santiago, que contará coa presenza de varios historiadores e estudosos que darán conta dos seus traballos de investigación baseados, en maior ou menor medida, nos fondos documentais custodiados no Arquivo.

Participará  Miriam Elena Cortés López coa charla ‘Papeis e imaxes para unha tese doutoral. O A.H.U.S. e as escaleiras monumentais de Compostela’, centrada en facer mención daqueles documentos consultados no arquivo que serviron para xustificar ou testemuñar determinadas cuestións relativas ao estudo da escaleira (tipoloxías, proxectos arquitectónicos, cambios e modificacións experimentados ao longo do tempo, etc.).

Mónica Fernández Armesto presentará ‘As fontes xudiciais no estudo da Historia. Xustiza señorial e xurisdicións especiais na Galicia moderna’, na que achega datos sobre este interesante ámbito de estudo dos séculos XVII e XVIII desde unha dobre perspectiva, xurídica e histórica.

Pola súa banda, Carlos Castelao fará un repaso en ‘A imaxe a través da letra. Investigacións sobre fotografía histórica nos fondos municipais e actas notariais’ á historia da fotografía compostelá a través do estudo de todas as persoas implicadas na súa produción: retratados, fotógrafos, pincelistas, editores, impresores de cartóns, litógrafos, artistas, etc.

‘Os protocolos notariais como fonte de investigación histórica do mar de Galicia’ é a charla de Santiago Llovo Taboada. Neses documentos aparece abundante información, as máis das veces inédita, sobre as construcións no entorno da costa galega, sobre familias de mariñeiros, capitáns, armadores e fomentadores, sobre outros profesionais relacionados co mar, así como das embarcacións mercantes e os sucesos e negocios implícitos.

Finalmente, José Ramón Pérez Salgado, con ‘Visión do condado de Borraxeiros a través do A.H.U.S.’, achegará información sobre a orixe e a xenealoxía do condado, centrando o estudo na figura de D. Juan José Salgado Zárate, V Conde de Borraxeiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies