займ срочно

Diego Rojo, a soidade do corredor de fondo

0

diego-rojo agosto 2015 Fai anos que os vemos aínda que nos últimos tempos moito máis, antes era correr despois footing e agora running… pero a última largada de Diego levou a 9 horas de carreira e 100 km completados.

Diego leva media vida vinculado os deportes “eu son profesor de educación física desde os 23 anos e teño 45 así que imaxínate,  desde a infancia pasei por diferentes deportes de equipo ou individuais, o que máis fixen foi ciclismo pero a miña especialidade e vela. Sempre me gustaron os deportes de resistencia, unha espiña que tiña era non ter corrido unha maratón e hai 3 anos comecei a adestrar de novo e retomei esa vella idea”.

Diego recoñece que hoxe en día converteuse nunha moda pero nunha moda boa, el cre que o éxito está no custo e no sinxelo “eu creo que o éxito se debe a que é unha actividade relativamente barata, xa sabemos que en canto se meten as marcas polo medio certos custos soben, pero realmente ti para correr o único que necesitas son unha zapatillas que si son importantes, que dentro das túas posibilidades sexan boas, peor logo podes correr con calquera cousa, unha camiseta, unhas mallas, un chuvasqueiro no inverno e pouco máis, unha gorra o mellor para un día de sol…”. Sobre as zapatillas Diego o ten claro “eu sempre recomendo buscar unha zapatilla cómoda e axustada a economía de cada un, e eu sempre compro un modelo que non sexa o último; a diferenza de tecnoloxía dun ano a outro non é moita pero o custo si que baixa”.

diego rojo agosto 2015Sempre foi adestrador de deportistas desde a carreira e agora un grupo de amigos pedíronlle que os aconsellara “mo pediron un pouco por envexa, dixéronme que parecía divertido o de correr e preguntáronme si poderían, calquera persoa pode correr, non todo o mundo pode gañar pero si o teu obxetivo e mantente en forma calquera pode. Agora imos xuntos as carreiras e o pasamos ben”.

O salto a unha carreira de 100 kilómetros foi para Diego un reto persoal, tiña feito distancias longas en carreiras de orientación en montaña pero nunca en estrada e de un tirón. O peor a soidade “unha sensación de soidade moi grande e outra de rotura muscular, de pensar que se romperían os cuádrices, os xemelgos, a nivel cardio muscular estaba moi ben, mentalmente ia moi sobrado pero a partir do kilómetro 70 comecei a notar os músculos moito. En ese momento entra en xogo a sangre fría, coñecerte ben e saber que podes chegar. Pero sobre todo esa sensación, sobre todo na última parte, de soidade, cando te das conta de que estas ti solo aínda que vaias con outra xente”.

Nos quedamos co consello que nos dou Diego, si un quere correr que comece por facelo sen marcarse metas, que disfrute, que o faga o tempo que lle apeteza e que vexa ata onde quere chegar. O mellor e bo lembrar un anuncio de fai moitos anos que todos os que teñen unha idade lembrarán “quien mueve las piernas mueve el corazón”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies