Presentado en Compostela Digitalizadas. un proxecto de alfabetización dixital para mulleres do rural

0

Compostela, 3 de marzo do 2018 – Coa presenza da Súa Maxestade La Reina dona Letizia, presentouse no Hostal dos Reis Católicos Digitalizadas. Digitalizadas ten como obxectivo, ata o ano 2019, alfabetizar dixitalmente a 5.000 mulleres de toda España, que viven no medio rural, con cursos presenciais.

A iniciativa parte da Fundación Mujeres, a Fundación Cibervoluntarios e Google.org, en colaboración co Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. O proxecto márcase como metas, por medio da capacitación en afabetización dixital, mellorar a empleabilidade e facilitar o emprendemento das mulleres en áreas rurais.

A xornada abriuna o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen falaba da importancia de dixitalizar desde a perspectiva de xénero pero tamén de dotar de medios ao rural para poder cumprir eses obxectivos

Tras as intervencións do Alcalde de Santiago de Compostela e do director de Políticas e Asuntos Públicos de Google España, Francisco Ruiz, presentouse o proxecto “Dixitalizadas” a cargo da directora e vicepresidenta da Fundación Mulleres, Marisa Sotelo e da presidenta da Fundación Cibervoluntarios, Yolanda Rueda, que informaron do público, lugares, contidos e metodoloxía do proxecto.

A continuación, tivo lugar unha mesa redonda que contou coa experiencia de tres mulleres, de tres xeracións distintas: María del Carmen Cao de 63 anos e veciña da Coruña, coidadora familiar, que apenas sabendo ler e escribir, abriuse unha conta en Facebook e realizou varios talleres de informática; María José Álvarez de 39 anos e veciña de Palomares del Río (Sevilla), artesá de bonecos de gancho, que decidiu facer da súa afección a súa forma de vida grazas a unha plataforma que lle permitía vender os seus produtos dunha maneira fácil por internet; e Maite de Deus de 24 anos e veciña de Tábara (Zamora), que tras realizar un curso de emprendemento decidiu facer unha páxina web para dar máis visibilidade ao seu hotel-restaurante.

Por último, interviñeron a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Monserrat, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e  La Reina dona Letizia que clausurou o acto destacando a importancia do proxecto para rematar co illamento das mulleres que é maior no ámbito rural

Proxecto “Digitalizadas”

O proxecto Digitalizadas, que se desenvolverá ao longo deste ano e 2019 e estará presente en máis da metade das rexións de España, quere contribuír a empoderar á muller no ámbito tecnolóxico e dixital e dotala de mellores ferramentas dixitais para o seu desenvolvemento profesional. Neste sentido, segundo o Instituto Nacional de Estatística, a fenda dixital está relacionada principalmente con “a falta de coñecementos de informática e habilidades necesarias para participar na sociedade da información”. Feito que se acentúa ante “a falta de infraestrutura” que afecta, especialmente, ás zonas rurais.

Digitalizadas presenta tres áreas de formación básica:

-Talleres para cubrir os coñecementos básicos do manexo e contorna da internet co fin de ofrecer independencia na súa usabilidade. Neles ensinarase desde crear un correo electrónico e a súa correcta utilización así como o manexo e a navegación na internet.

-Talleres de ferramentas dixitais para o emprendemento: dirixidos a coñecer e mellorar o uso das diferentes ferramentas que ofrecen as redes e internet na xestión da súa propia empresa ou idea emprendedora.

-Talleres de habilidades dixitais para a procura activa de emprego: elaboración de currículos e cartas de presentación, coñecemento dos principais portais de procura de emprego así como aprender a detectar aqueles que poidan ser fraudulentos.

Ademais, o programa tamén contempla promover unha rede de voluntarias que poidan apoiar á súa comunidade, así como a creación dunha rede nacional de mulleres Digitalizadas que poidan converterse en embaixadoras do programa nas súas comunidades locais para garantir a continuidade da alfabetización dixital na contorna rural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial