Dilúese o futuro Centro Cívico do casco vello

0

Compostela, 5 de xullo do 2019 – Compostela Aberta advirte de que o futuro Centro Cívico do casco vello periga pola intención do goberno municipal de modificar o convenio coa USC.

Na Xunta de Goberno do 17 de abril Compostela Aberta aprobaba o texto dun convenio coa Universidade de Santiago que permitiría o uso da Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega como Centro Cívico do casco vello.

rolda prensa centro cívico casco vello

Martiño Noriega, voceiro de Compostela Aberta

O grupo explica que ten constancia da intención do novo Goberno Municipal de modificar o convenio co fin de usar o edificio para dependencias municipais. Según Compostela Aberta a asociación de veciños do Casco Histórico xa recibiu unha confirmación informal de esta intención o que levou ao colectivo veciñal a solicitar reunións con todos os grupos municipais.

Compostela Aberta asegura que o convenio ten a tramitación rematada no que atinxe ao concello, so quedaría urxir a Universidade para que tramitara a súa parte e se procedera a asinalo. O acordo aseguraba o uso do inmoble por 25 anos e regularizaría ao mesmo tempo a situación da facultade de Odontoloxía, en precario desde o 2006.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial