Constituída DIME-Lab, primeira spin-off de Ciencias da Educación na USC

0

Compostela, 4 de febreiro do 2018 – O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab.

A sociedade DIME lab toma como punto de partida a experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.

DIMElab ofrecerá servizos de asesoramento pedagóxico a institucións educativas e empresas de tecnoloxía, e desenvolve todo tipo de recursos didácticos entre os que se inclúen os denominados serious games (xogos serios para educación e formación). Tamén destaca a realización de probas ou análises de produtos didácticos para tentar garantir que os materiais deseñados para a educación sigan certos estándares de calidade pedagóxica.

O obxecto desta nova spin-off xorde tras o traballo de Stellae coa Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) que axudou a transferir os resultados de investigación do grupo ao mercado e ante as necesidades sociais detectadas na actualidade. Neste senso, o grupo considera que o sector educativo e profesional está inmerso nun proceso de transformación onde é necesario o desenvolvemento de novos medios educativos, ademais da necesaria formación en competencias dixitais da sociedade en xeral ou a necesaria actualización do profesorado en metodoloxías activas superando ou complementando ás tradicionais e a crecente demanda de serious games para centros educativos, institucións e empresas.

A empresa, con sede no edificio Emprendia en Campus Vida, constitúena na actualidade preto de dez persoas, entre socios/as, xerencia e persoal con demostrada experiencia profesional no sector da educación e da tecnoloxía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies