Os directores de residencias sociais demandan un mando único

0

Bisbarra, 11 de setembro do 2020 – A Asociación de Directores de Residencias Sociais de Galicia (DiReS) reclama un mando único e rexeita as recentes intervencións de centros.

A Asociación de Directores de Residencias agrupa a preto de medio cento de profesionais das catro provincias. Diante das últimas incidencias por contaxios masivos manifesta que non está de acordo coas intervencións e pide, no canto de esas actuacións, colaboración.

O colectivo considera que a administración debe supervisar e apoiar o desenvolvemento dos Plans de Continxencia e axudar a garantir a continuidade das plantillas, moi mermadas pola necesidade de períodos de illamento daqueles traballadores contaxiados ou en contacto con positivos. Lembran que xa en marzo se solicitara un organismo consultivo, ou mando único, que garantiría unha resposta única e homoxénea en todo o territorio galego.

A Asociación considera que, neste marco, a administración debe reconsiderar a posta en marcha de novo de centros intermedios que permitan retirar os casos positivos que non precisen atención hospitalaria, dado que xa se ten demostrado que é unha medida eficaz na contención dos gromos toda vez que os centros non están deseñados para o illamento eficaz dos casos positivos. Esta é una necesidade percibida por todo o sector, así como polas sociedades científicas do ámbito da xeriatría e a xerontoloxía, como reiteradamente se ven expoñendo desde o comezo da crise.

A Asociación ven de demandar unha Reunión coas Consellerías de Política Social e de Sanidade para dar traslado das demandas e necesidades dos Centros Residenciais e para poñerse á súa disposición na loita contra a pandemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial