Educación, nin rosa nin negra

0
Fátima García Doval Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa. Experta en tecnología y Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en Santiago de Compostela. http://discapacitodos.com/

Fátima García Doval
Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa. Experta en tecnología y Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en Santiago de Compostela.
http://discapacitodos.com/

A educación necesita unha reforma profunda. Poucas cousas, ou ningunha, xeran maior consenso no noso país. Nin unha soa quenda de goberno democrático, fóra da UCD, resistiuse a meterlle man ao asunto.
Polo que se ve está todo mal. As materias que se estudan, a repartición dos contidos nos diferentes cursos, as horas e o horario de clase, a formación inicial e continua do profesorado, as cifras de abandono e fracaso escolar, o reparto de alumnado-profesorado, os recursos pedagóxicos dispoñibles, a atención especializada… Do debate dos deberes mellor pasamos. Un desastre, vaia.
Hai que cambialo todo. O problema, o gran problema, é que non temos nin o máis remoto indicio de alcanzar un consenso sobre que reforma implantar. Queremos cambiar o vestido pero non logramos acordo sobre a cor, a forma, a lonxitude e os seus complementos. Así, loxicamente, non pasamos do probador. Quita e pon. Pon e quita.
Este ir e vir de furibundos cambios instalou no imaxinario popular do noso país unha visión absolutamente pesimista e tremendista do sistema educativo no que se escolarizou a metade da poboación española. É certo que houbo numerosos cambios pero o seu esquema fundamental e, sobre todo, as prácticas de aula, seguen razoablemente estables desde a lei do setenta, coñecida neste mundillo como Lei Villar Palasí, a lei da EXB. Obviamente a tan traída e levada LOXSE supuxo un reto importante ao estender a educación obrigatoria en dous anos e xerar unha etapa secundaria obrigatoria. Si. Pero, como dicía, as prácticas de aula e de centro non sufriron un cambio substancial para dar resposta a este novo esquema.
Os nosos escolares seguen estudando, por exemplo, o cinco sentidos aristotélicos (vista, oído, gusto, olfacto, tacto) coma se fosen os únicos existentes. Calquera libro da década dos 70 serviría para explicar ese tema, e moitos outros, hoxe como entón, coa única excepción do aire vintage que tiñan aqueles libros e, sobre todo, as súas ilustracións. Pero o peor é que calquera dos nosos profesores daqueles anos da EGB, podería ser trasladado no tempo a unha aula actual e seguiría coa materia coma se tal cousa. Sorprenderíalle ter unha aula con tan poucos alumnos, e, tal vez, levantaría un pouco a cella ao ver un proxector de diapositivas raruno colgado do teito. Cambiámoslle ao vestido a cor e os complementos pero non inventamos un tipo de indumentaria radicalmente nova.

Ilustración de Jorge del Oro

Ilustración de Jorge del Oro

E isto non é malo de por si. De feito eu diría que é mesmo bo en certos aspectos. A educación é un asunto de vital importancia desde que o Homo agrupouse en sociedades complexas con división do traballo. Hai constancia de sistemas escolares máis ou menos organizados desde, polo menos, os primeiros vestixios de escritura, en torno ao ano 2000 a.C., en Sumeria. Escolas nas que un mestre ensinaba a un grupo de aprendices sentados en filas nunha aula cadrada, mediante a consecución e repetición das tarefas que este impuña.

Catro mil anos e unha aula segue sendo unha aula.
Claro que hai marxe de mellora. Sempre. Pero or moitas reformas que aprobemos, e escola non vai mellorar se non é da man da sociedade. O noso sistema educativo, cos seus puntos fortes e débiles, como todos os sistemas educativos do mundo, non será tan rosa como vaticinan os preámbulos das leis educativas, pero tampouco tan negro como nos empeñamos en velo día a día.
A reforma máis urxente é, por tanto, empezar a ver a escola en positivo, porque a escola somos todos.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies