займ срочно

Dixitalizadas, un taller de dixitalización para mulleres da comarca de Ordes

0

Ordes, 19 de novembro do 2018 –  O CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está a tramitar as inscricións para formar parte de Dixitalizadas, un novo taller de dixitalización para mulleres.

Dixitalizadas consiste nun programa para facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e do uso de ferramentas tecnolóxicas. Sobresae tamén o obxectivo de reducir as brechas de xénero aumentando a influencia persoal e profesional das mulleres no eido rural.

A iniciativa está desenvolvida de maneira conxunta polas fundacións Cibervoluntarios, Mjers e Google.org en colaboración cos ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Calquera persoa interesada en asistir poderá inscribirse na oficina do CIM, situada nos baixos da alameda de Ordes, ou ben chamar ao 981680002. A día de hoxe as datas previstas para Ordes son o 19 e 21 de novembro, mentres que en Trazo serán o 10 e 13 de decembro. En ambos os casos o horario será de 10 a 13 horas.

Para máis información pódese consultar a páxina web www.digitalizadas.org.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies