займ срочно

Dogman e Deslembro na xornada de Cineuropa

0

Compostela, 9 de novembro do 2018 – Dúas estreas significativas na xornada do venres de Cineuropa, Dogman de Matteo Garrone e Deslembro de Flavia Castro.

Dogman poderase ver as 20 h. no Teatro Principal. O filme, que recibiu o premio ao mellor actor no Festival de Cannes, relata un caso criminal real que conmocionou Italia, un salvaxe pulso entre un perruqueiro de cans e un boxeador nun arrabalde romano, nun duelo excepcional dos seus actores, Edoardo Pesce e Marcello Fonte. Ás 22 h. no Salón Teatro comezará a emotiva Deslembro, o novo filme con toques autobiográficos de Flavia Castro, que se centra na figura de Joanna, unha adolescente filla dun desparecido pola ditadura brasileira, e o seu desexilio obrigatorio, que a conecta esa memoria que lle foi borrada polo tempo, a imaxinación e a información fragmentada. Un relato de iniciación á vez poético e político, entrañable e necesario. Á mesma hora, pero no Principal, comezará The Guilty, un thriller de orixinalidade esmagadora. O sueco Gustav Möeller é quen de soster o ritmo frenético nun suspense xerado desde un espazo mínimo: un policía e un teléfono. De aí, o manexo do son, dos sabios golpes de guión que atrapan e bandean con mestría e sen descanso, no que son imaxes só suxeridas pola conversación.

Dogman

A programación dos Multicines Compostela comezará ás 17:30 cun pase gratuíto de Benvenuta, de André Delvaux, e pasará ás interesantes óperas prima Sem raiz, de Renan Rovida (ás 19:30 h.), e Dressage, de Pooya Badkoobeh (ás 21:15 h.). Renan Rovida constrúe unha alegación contra a precariedade laboral e a ferocidade do capitalismo nun filme dividido en catro capítulos protagonizados por catro mulleres traballadoras, coa historia dunha quinta muller entreverada entre eles. Pola súa banda, a multipremiada Dressage, descuberta na sección Generation da última edición do Festival de Berlin, sumérxenos de cheo no dilema moral ao que se enfronta a nova protagonista, plantexado con gran pulso cinematográfico da novel directora e sostido por un elenco sobresaínte co que constrúe escenas dunha forza impresionante.

Deslembro

Ás 18 h. desta tarde teremos unha nova cita con Queyi, que acudirá a presentar a súa curta Conversaciones alrededor de un piano que vino de Europa, que se proxectará en sesión continua con La flor de la vida, de Claudia Abend e Adriana Loeff, un emotivo documental sobre a soidade, o amor e o desamor.

PROGRAMACIÓN CINEUROPA VENRES 9

TEATRO PRINCIPAL

16:00 TAMAÑO NATURAL* (versión íntegra con metraxe engadida) Luis García Berlanga

18:00 AL DESIERTO Ulises Rosell

20:00 DOGMAN Matteo Garrone

22:00 THE GUILTY Gustav Möller

23:30 BELMONTE Federico Veiroj

SALÓN TEATRO

16:30 ROBAR A RODIN Cristóbal Valenzuela Berríos

18:00 CONVERSACIONES ALREDEDOR DE UN PIANO QUE VINO DE EUROPA Queyi

LA FLOR DE LA VIDA Claudia Abend e Adriana Loeff

20:15 DJON AFRICA Filipa Reis e Joao Miller Guerra

22:00 DESLEMBRO Flavia Castro

23:45 IL PORTIERE DI NOTTE / PORTEIRO DE NOITE* Liliana Cavani

MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)

17:30 BENVENUTA* André Delvaux

19:30 SEM RAIZ Renan Rovida

21:15 DRESSAGE Pooya Badkoobeh

SEDE AFUNDACIÓN

17:00 THE ADJUSTER / O LIQUIDADOR* Atom Egoyan

19:00 UNE FLAMME DANS MON COEUR / UNHA LAPA NO MEU CORAZÓN* Alain Tanner

 

Nota: as películas marcadas cun asterisco son  con entrada libre e as que están marcadas con dous asteriscos son de balde previa retirada de convite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies