O domingo 21 celébrase a Romaría da Fervenza de Escuadro

0

Silleda, 8 de xullo do 2019 –  O vindeiro domingo 21 volta unha nova edición, a novena, da Romaría da Fervenza, na parroquia de Escuadro no concello de Silleda.

A cita contará dende o mediodía coas actuacións de sete grupos de música tradicional. Participarán nesta festa os Gaiteiros de Barbude, Pau de Buxo, Lume na Lareira, Almuiña, Fortín da Pomba, Ponte de Prata, e como por suposto o grupo anfitrión, O Son da Fervenza.

Romaría da Fervenza de EscuadroO xantar será servido polo Mesón A Roda, de Rodeiro, a base de empanada, churrasco de tenreira, porco ou mixto, patacas fritas, ensalada, pan, postre, café con gotas e licores. O prezo é de 16 euros para adultos e 8 para nenos. As reservas xa están á venda ata o día 19 de xullo na de Cerdeira (Escuadro); a taberna de Graba e Restaurante A Devesa, tamén en Graba;  Bar Trujillo de Silleda; Restaurante María Luisa na Senra; a Dama do Río (O Foxo); Bar Betty, en Silleda e Bar Atly, na Bandeira.

Durante a xornada non faltarán xogos populares coma o tiro á corda, ou outras actividades coma xogos con globos. A organización, a cargo do colectivo Son da Fervenza e os cabaleiros da Fervenza, tamén sorteará outro ano máis un pony. Tamén haberá unha concentración de motos clásicas.

Os membros da asociación organizadora presentaron o cartel no Concello acompañados polo alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, que destacaron o esforzo da organización deste “certame singular polo entorno no que se celebra, e que tamén un dos protagonistas desta xornada”, indican.

A Fervenza de Férveda, posta en valor polo Concello de Silleda no ano 2013 coa creación dun roteiro e a recuperación dun lavadoiro e muiño tradicional, entre outros, é un dos reclamos turísticos do municipio silledense.

Dende a organización prégase tamén aos asistentes que se acheguen en coche que accedan o día da festa pola aldea de Férveda, para evitar colapsos na zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial