займ срочно

Domingo de concertos no Feito a Man

0

Compostela, 12 de agosto do 2018 – Catro concertos no domingo do Feito a Man que comezarán coa sesión vermú de Nice Pair na rúa Santo Agostiño.

Los Ladridos

O Feito a Man ofrece hoxe distintos tipos de rock que van do progresivo ao garaxe máis clásico. A primeira cita é as 13.30 con Nice Pair, na rúa Santo Agostiño, dúo acústico de versións integrado por Gonzalo Sende (Contrastes, Amordiscos, Los Fabulosos Weekend) e Alfonso Espiño (Espiño, Los Fabulosos Weekend, Los Chavales, Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Linces Pop). Ao calor das súas guitarras acústicas e voces, Sende e Espiño interpretan clásicos de Simon & Garfunkel, The Beatles, The Rolling Stones, The Small Faces, Tomorrow, Keith West, Pink Floyd, Os Mutantes, The Kinks ou The Who. O dúo formouse en Santiago en 1991 baixo o nome de Two of Us, que cambiaron por A Nice Pair recentemente debido á existencia de unha certa cantidade de dúos que ostentaban a mesma denominación. A súa especialidade son as harmonías vogais a dúas voces e o seu hábitat natural os pubs do casco histórico compostelán.

As oito da tarde a Praza dos Gatos recibe a Biribirlocke e as nove a Praza da Quintana terá como invitados a Arévalo & Giannetto, ambos grupos con estilos que van do rock ao pop.

Nice Pair

A xornada remata en Tras Salomé con Los Ladridos as dez da noite.  Los Ladridos é unha banda de garaxe e rock&roll enxendrada nas profundidades de Simes polos irmáns Lorre, G. King e Twin B no verán de 2017. A excelencia e clase das teclas mestúrase coa enerxía e actitude das cordas eléctricas e a contundencia garaxeira da percusión, dando como resultado un show dinámico e potente con algunha pincelada de soul a modo de respiro.

No día de onte o protagonista foi o swing como se puído ver no concerto de good Luck Charm Band

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies