Dous meses esperando por un contedor en Orosa, A Estrada

0

A Estrada, 22 de xaneiro do 2018 – O BNG de A Estrada denuncia a espera da veciñanza de Orosa, Orazo, que desde hai dous meses agarda por un contedor de lixo.

contedor lixo en orosaO portavoz nacionalista Xosé Magariños explica que o único contedor do lugar está completamente desfeito e inservible. O voceiro explica que “un grupo de veciños deste lugar de Orazo puxéronse en contacto co BNG para denunciar o abandono e o pasotismo do concello á hora de repoñer un simple contedor do lixo, O que provoca que teñan que levar o lixo a outros lugares da parroquia co problema que iso lles ocasiona”.

Magariños acusa ao goberno municipal do PP de “andar escasos de reflexos, semella que a ampliación da Alameda consúmelles todas as enerxías, deixando completamente abandonado a súa sorte o rural da Estrada”.

Os nacionalistas reclaman desde hai tempo un mellor servizo de recollida de lixo. Denuncian os retrasos e casos de contedores rotos como o de Orosa pero piden tamén unha recollida selectiva de residuos no rural e a instalación de contedores de papel, plásticos e vidro.

Magariños faise eco ademais doutra petición, en este caso da veciñanza de Paramá en Santo André de Vea, onde reclaman un espazo para poder desfacerse dos plásticos.

O BNG urxe ao goberno municipal a “repoñer canto antes o contedor de Orosa e a elaborar un plan de mellora da recollida do lixo, que inclúa a reciclaxe e a compostaxe adheríndose ao plan da Deputación de Pontevedra, cousa que xa lle temos pedidos non hai moitos meses”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial