Dúas dedicacións e asignacións de douscentos euros no concello de O Pino

0

O Pino, 12 de xullo do 2019 – O concello de O Pino celebrou onte o pleno de organización no que o equipo de goberno terá dúas dedicacións exclusivas.

As dedicacións serán asumidas polo alcalde, cun soldo de 40.000 euros brutos, e a concelleira de Educación e Cultura, que cobrará 20.605,06 euros brutos. En ambos os dous casos terán catorce pagas e o concello farase cargo da seguridade social.

Un dos momentos que máis debate xerou foi o da hora de celebración dos plenos e a periodicidade. A oposición reclamaba que fora mensual, non trimestral,e que se fixara as oito da tarde ou, como mal menor, que se mantivera as 13 horas como na anterior lexislatura. O alcalde decidiu cambiar a hora as dez da mañá e argumentaba que aos veciños o que menos lles importa é a hora a que se celebren

Asignacións e comisións

En outro orden de cousas o pleno comunicou a formación dos distintos grupos políticos e aprobou a creación da  Xunta de Goberno Local que queda integrada polo alcalde e os concelleiros José Manuel Carreira, Gerardo Pintor e José Fuentes que, tamén por esta orde, ocuparán as tenencias de alcaldía. Esta Xunta reunirase cada quince días, e nos casos extraordinarios que decida o alcalde, e os asistentes terán unha asignación de 200 euros por sesión. Esta cantidade foi moi criticada pola oposición que considera que unha subida dos 120 euros da anterior lexislatura a estes 200 é excesiva e supón un soldo encuberto.

Asignación a grupos políticos

Nesta lexislatura tamén haberá unha asignación anual para os tres grupos políticos da Corporación (PP, PSdeG e BNG), que será de 300 euros fixos, máis outros 800 euros anuais por cada concelleiro integrado no mesmo. Tamén se autorizaron as indemnizacións por asistencias a plenos que serán de 120 euros.

Representantes e delegacións

Nomeáronse así mesmo os representantes do concello nos órganos colexiados, quedando Eva Varela como representante no consello escolar do CPI Camiño de Santiago; e o alcalde, Manuel Taboada, no GDR Ulla-Tambre-Mandeo, na Asociación de Municipios del Camino Francés e na Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Polo que respecta a distribución de áreas de goberno, a proposta da alcaldía foi distribuílas do seguinte xeito:a seguinte:

  • Eva Varela Gago: Aárea de Educación e Cultura: Eva Varela Gago
  • José Manuel Carreira López: Área de Infraestruturas e Medioambiente, e área de Parques e Xardíns.
  • Mercedes Vázquez Rodeiro: Área de Benestar Social, Muller, Familia e Xuventude.
  • Gerardo Pintor Gómez: Área de Sanidade e Medio Rural.
  • José Fuentes Barreiro: Área de Emprego e Promoción Económica.
  • Manuel Taboada Vigo: Áreas de Urbanismo, Deportes, Facenda, Persoal, Turismo e Camiño de Santiago.
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial