Compostela, 29 de xuño do 2018 – O Monte do Gozo recuperou onte un dos seus sentidos, o do auditorio pensado para os grandes concertos e esquecido nos últimos anos.
Non é o mellor espazo que un pode imaxinar para grandes eventos, tal e como nos comentaba hai uns días o codirector do Son do Camiño, pero o Monte do Gozo ten certa maxia como meta de peregrinación, xa sexa musical ou mística.
O Son do Camiño recupera non só o espazo físico para concertos, recupera o espazo do imaxinario colectivo no que permanecen Bruce, Rolling, Prince… e tantos outros. A primeira xornada recibiu a un público moi distinto a do que acudiu a aqueles festivais, a xuventude cambiou e, aínda que concretalo en algo e difícil, os que viviron aqueles concertos o notan.
A organización mostrou a súa experiencia e funcionou como un reloxo para o que soe pasar en estas citas. Desde os autobuses ata os accesos, desde a seguridade ata os servizos, todo foi accesible e funcionou ben e, salvo a pouca inversión en papeleiras dentro do recinto, a mellor crítica é que non hai ningunha crítica que facer. Certo é que a prometida wi fi para os medios non existiu e iso doulle moitos problemas aos grandes medios pero para os usuarios iso non é imprescindible.
A franxa central da xornada comezou con Franz Ferdinan, unha constante descarga de ritmo ao que é imposible resistirse, aínda que só sexa un pe un non pode deixar de moverse. De alí ao escenario máis pequeno onde Rufus T. Firefly, constreñidos en dous metros cadrados no centro do escenario como teñen por costume, demostraron a súa calidade, lembrándonos que a psicodelia non morreu e que os seus sons seguen presentes en moitas bandas da actualidade. E de volta ao espazo central para as estrelas da xornada, The Killers son Brandon Flowers e viceversa, ao grito de “somos peregrinos” rachou a noite e os corazóns do público que entregouse por completo. Un espectáculo que pode sorprender pero que si un pensa que veñen de Las Vegas todo comeza a cobrar sentido, desde o confetti ata os raios laser, desde o cowboy de neon ata o resto das luces. En contrapartida producen unha música moi europea, moito máis anglosaxona que americana e que os asistentes coñecían e coreaban a perfección.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”83″ exclusions=”1146,1147″ sortorder=”1152,1151,1149,1150,1144,1142,1148,1143,1145,1146,1147″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
Hoxe toca Jamiroquai, pero tamén Residente, ex Calle 13, e Two Door Cinema CLub, e si chegas moi moi pronto, a iso das 16:40, Malandrómeda que sempre merecen a pena. Toca disfrutar do Monte do Gozo e pedir que se repita porque con este recinto nunca se sabe.