A educación e os seus mitos nunha nova charla dos Escépticos no pub

0

Compostela, 27 de marzo do 2017 – A doutora en didáctica e innovación Fátima García Doval falará este venres dos mitos en torno a educación dentro dunha nova charla organizada polo grupo Escépticos no Pub o venres 31.

Escépticos no Pub é unha iniciativa que naceu en Londres no ano 1999 impulsada polo Dr Scott Campbell coa intención de discutir e analizar todo tipo de cuestións na atmosfera máis distendida dun Pub. A idea foi pouco a pouco calando de tal xeito que hoxe en día existen grupos similares en todo o mundo incluída Compostela.

Este venres Fátima García Doval falará da educación e os seus mitos nunha nova charla dos Escépticos no pub. A educación é un campo de coñecemento co que todos estamos familiarizados. Todos fomos alumnos, algúns durante moitos anos. De feito, algúns seguimos sendo alumnos á vez que pais de alumnos e poida que mesmo profesores. Por iso todos sentimos cómodos opinando sobre temas educativos e “arranxando” os seus problemas á primeira oportunidade. Pero ata que punto aquilo que damos por sentado en educación é real e non unha apreciación convertida xa non en verdade senón en mito? Que nos din as ciencias da educación sobre algunhas das afirmacións educativas máis repetidas? Que fundamento teñen cuestións como os estilos de aprendizaxe e outros neuromitos educativos? Como se decide que debe formar parte do currículo? É verdade que imos de mal a peor? Veremos respostas achéganos a educación baseada na evidencia.

Fátima Mª García Doval (@mininacheshire) é mestra especialista en pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientadora. Doutora en didáctica e innovación. Investigadora en comunicación e accesibilidade baseada en dispositivos móbiles.

Na actualidade traballa na escola pública. Durante nove anos foi directora do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago de Compostela. É especialista en pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientación. Investigadora e codirectora do proxecto ACCEGAL que desenvolve aplicacións de comunicación e accesibilidade para dispositivos móbiles. Diplomada en Maxisterio, licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e doutora en Didáctica e Innovación. Tamén colecciona Alicias no País das Marabillas, aínda que esa é outra historia… 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies