Ciencias da Educación explora os usos didácticos da muiñeira

0

O curso, de balde, terá lugar desde o 25 de outubro no campus norte

Santiago de Compostela, 14 de outubro do 2016 – A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC,  co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organiza un obradoiro de seis horas para explorar as posibilidades didácticas e como ferramenta de normalización do baile tradicional e, máis concretamente, da muiñeira. Vai dirixido preferentemente ao alumnado das titulacións que imparte, aínda que está aberto ao resto da comunidade universitaria.

O obradoiro vaise celebrar na sede da Facultade no Campus Norte os días 25 de outubro, e 8, 15, 22, 29 de novembro e 13 de decembro, de 14:00 a 15:00 horas no
ximnasio do centro. O curso é de balde, aínda que cómpre formalizar a inscrición antes do 23 de outubro en www.usc.gal/snl/dinamizacion/obradoiro_baile.html, pois hai un máximo de 30 prazas.

Con este obradoiro, ademais de adquirir destrezas básicas de baile galego -en concreto a muiñeira- tamén se reflexionará sobre o seu uso como recurso didáctico na escola en relación con áreas como expresión corporal, a educación emocional, a lingua, etc.

O curso combinará breves exposicións teóricas e práctica de baile centrados na muiñeira (danzas de fitas, de paus, muiñeira corrida, muiñeira vella) e na xota (xota e maneo), nos ritmos de muiñeira noutras danzas do mundo e nos exercicios preparatorios para bailala.

A encargada de impartir o obradoiro é Marta Otero García, quen ten reflexionado ben sobre esta cuestión, pois ademais de ser mestra especialista en educación musical é membro da asociación de música e baile tradicional galego ‘Brincadeira’ e mestra de baile tradicional en actividades extraescolares para alumnado de infantil e primaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial