EducaOroso acolle unhas xornadas gratuítas sobre ciberseguridade

0

Oroso, 12 de outubro do 2017 –  A Aula de Formación EducaOroso acollerá as Xornadas INCIBE, dirixidas a todas as persoas que teñan interese nas novas tecnoloxías e nos temas relacionados coa ciberseguridade.

O concello oferta un total de 12 prazas e as inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso ou directamente a través deste enlace web: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/22523.

Estas xornadas están promovidas polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Desenvolveranse en oito módulos, de tres horas de duración cada un, e terán lugar entre o 16 e o 26 de outubro (luns, martes, mércores e xoves) en horario de 11:00 a 14:00 horas, na Aula CeMIT de Sigüeiro.

O luns 16 de outubro terá lugar a xornada “O meu ordenador é un zombi”, onde se tratará sobre o funcionamento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección. O martes 17 será a quenda de “Fundamentos do análise de sitios web”, onde se analizará como detectar, identificar e analizar as vulnerabilidades web. “Análise de malware en android” será o tema para o mércores 18, onde se analizarán as prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android. A semana pecharase o xoves 19 con “Espionaxe e cibervixilancia”, módulo no que se analizarán as diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.

Segunda semana

A seguinte semana, o luns 23 falarase dos “Fundamentos do análise de sistemas”, onde o alumnado aprenderá a identificar, analizar e explotar as principais vulnerabilidades dos servizos soportados por un servidor. “Forense en Windows” é o tema para o martes 24, no que o alumnado aprenderá en que consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows. O mércores 25 será a queda da “Programación segura de sitios web”, onde se identificarán os principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras. Finalmente, o xoves 26 pecharanse os móduclos con “Seguridade Wifi”

 Dende o INCIBe lembran que a ciberseguridade non é só responsabilidade dos informáticos senón de todas as persoas, polo que aconsellan responsabilidade e cautela para evitar riscos e sorpresas indesexables. Entre outras recomendacións, aconsellan utilizar contrasinais robustas e non compartilas entre servizos, revisar a configuración de privacidade das redes sociais e non agregar a descoñecidos, ser coidadoso coa información que se publica na internet, instalar complementos de seguridade no navegador e usar a opción de navegación privada cando sexa necesario…

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies