займ срочно

Efémero, a historia da moda medieval, moderna e contemporánea nun curso de verán da USC

0

Compostela, 1 de xuño do 2018 –  A Universidade de Verán 2018 da USC ofrece o curso Efémero sobre a historia da moda, dende o medievo ata os nosos días,  cunha perspectiva académica.

Efémero celebrarase entre os días 25 e 28 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

O programa, dirixido por Dolores Barral Rivadulla e Mónica Rey Cabezudo, busca dar a coñecer a historia da moda dende unha perspectiva académica, polo que os asistentes adquirirán coñecementos básicos sobre moda medieval, moderna e contemporánea. Outro dos obxectivos do curso é establecer unha relación entre a moda e a arte, ademais de mellorar a comprensión da industria téxtil actual, os novos deseñadores, tendencias e estudios, así como o comisariado deste tipo de obras nos museos.

O curso analizará a relación entre o feminismo e o mundo da moda, a influencia dos ballets rusos na moda do século XX e a vestimenta feminina na época dos Austrias, entre outros temas. En relación ao contexto actual, o programa tamén presentará a moda dende a perspectiva do xornalismo actual e o mundo blogger, así como o deseño dunha identidade extraordinaria a través do traxe do superheroe e a moda no cine a través do caso de Star Wars.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies