займ срочно

Elección Municipais 2019: O Psoe de Teo propón un debate público

0

Teo, 3 de maio do 2019 – O Psoe de Teo da un paso adiante e prpón a realización dun debate público entre os candidatos á alcaldía do concello.

Hai catro anos celebrouse un debate na desaparecida canle de televisión Santiago TV que aínda se pode ver en Youtube. Participaran a propia Uxía Lemus, Manuel Anxo Bad polo BNG e o actual alcalde, Rafa Sisto, por Son de Teo – Anova; o PP non asistira, según dixo, por problemas de axenda.

 

Agora, como xa pedira hai catro anos, Uxía Lemus quere de novo un debate que “debería ser aberto ás preguntas da veciñanza, emitido en streaming pola propia web do Concello e debería celebrarse nun local municipal de amplo aforo, como é o auditorio da Ramallosa”.

Lemus engade que “temas fundamentais para o noso Concello como o centro de día, o novo PXOM e o seu contido, a revisión do Teobus, ou as ameazas medioambientáis na Casalonga, deben ser obxecto dun debate no Concello, ao que agardamos que este ano acuda o candidato popular Jose Manuel Guerra, que hai catro anos deu a espantada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies