Eleccións 2019 – Manuel Ángel Leis será o candidato socialista en Negreira

0

12 de febreiro do 2019 –  O candidato á alcaldía de Negreira polo PSdeG-PSOE será o actual Tenente de Alcalde, Manuel Ángel Leis, que liderará por primeira vez a candidatura á alcaldía de Negreira, sustituindo así a Jorge Tuñas Caamaño.

Esta mesma semana Manuel Ángel Leis recibiu o respaldo da dirección provincial, da man do seu Secretario Provincial e tamén presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, nunha reunión na que tivo a oportunidade de expoñer os proxectos e reivindicacións dos socialistas nicrarienses.

Leis está abrindo unha rolda de reunións coa Deputación Provincial da Coruña e co goberno de España co obxecto de presentarlle varios proxectos para dinamizar Negreira e continuar mellorando o benestar dos seus veciños e veciñas.”Estamos traballando para conseguir máis equipamentos e servizos para Negreira, o meu traballo sempre é en positivo, buscando as mellores propostas para mellorar a vida dos meus veciños, dándolle continuidade á tarefa dos últimos catro anos” explicou Manuel Ángel Leis.

Os socialistas nicrarienses terán ata mediados do mes de marzo para elaborar a súa candidatura completa. Manuel Ángel Leis comprometeuse a continuar “a tarefa comezada fai catro anos” e explicou que “neste tempo conseguimos poñer a funcionar o concello, mellorando a atención aos veciños e atendendo a tódalas parroquias. Para min a prioridade é darlle os mellores servizos públicos que poidamos aos nosos veciños, mirando polo seu benestar. Non imos prometer o que non poidamos cumprir” expresou Manuel Ángel Leis.

O candidato

Manuel Ángel Leis Míguez (1977) nace na parroquia de Liñaio (Negreira), e leva 12 anos na política entrando a formar parte do goberno socialista no ano 2007, ano no que se puxo fin á hexemonía do Partido Popular no concello nicraniense.

Manuel Ángel Leis ten ampla experiencia de xestión no concello de Negreira, onde asumiu entre outras responsabilidades a de Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, sendo nos últimos catro anos o concelleiro Obras e Urbanismo, Parques e Xardíns. Durante sete (7) meses exerceu como alcalde no mandato 2015-2019 assumindo temporalmente a alcaldía, sustituindo a Jorge Tuñas Caamaño.

O candidato socialista á alcaldía de Negreira é un gran coñecedor do seu concello debido o seu traballo como repartidor de butano o longo de case 10 anos. Os socialistas coruñeses destacan o seu coñecemento en detalle de cada recuncho do concello, “coñece cada palmo de terreo das aldeas, das parroquias,, das estradas, ríos, camiños, rúas, etc. das necesidades que pode haber en cada curruncho dos 115 km² que ten Negreira”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial